InicioMOV. SOCIAISO Sergas anuncia cambios no seguimento dos pacientes de Oncoloxía no CHUS

O Sergas anuncia cambios no seguimento dos pacientes de Oncoloxía no CHUS

Gómez Caamaño estudará "algún cambio na xestión" do hospital de día de Oncoloxía para que a saturación "non sexa o sistémico"

Publicado o

Xornal de Compostela

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, confirmou que haberá cambios na realización do seguimento dos pacientes do servizo de Oncoloxía médica no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, onde se rexistran meses de atraso nas consultas de revisión.

Así o explicou este martes en declaracións aos medios, onde indicou que se estudará “perfilar” os seguimentos en función da “agresividade” do tumor ou do “risco de recurrencia”, é dicir, da posibilidade de recaída unha vez superada a enfermidade.

Tras as continuas queixas dos pacientes de Oncoloxía por estes atrasos, manifestadas a través da Asociación de Usuarios do CHUS, Gómez Caamaño reiterou que a nova dirección buscará “chegar a un acordo” para solucionar esta situación que se debe á falta de profesionais.

O conselleiro considera que hai que “xestionar ben” os recursos existentes e, se é posible, aumentalos “para que as consultas vaian máis rápido”.

En todo caso, comprometeuse a revisar os protocolos de seguimento dos pacientes, pero sempre “en función da evidencia que hai publicada”.

“Non todos os pacientes teñen o mesmo tumor nin coa mesma agresividade”, explicou o titular de Sanidade. A solución, ao seu xuízo, pasa por “perfilar” a cadencia das consultas en base a estes parámetros.

Así mesmo, en relación ás queixas da Asociación de Usuarios do CHUS pola saturación no hospital de día de Oncoloxía, Gómez Caamaño adiantou que estudará “algún cambio na xestión” para que esta situación “non sexa sistémica, senón puntual”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...