InicioMOV. SOCIAISEducación fixa servizos mínimos para a folga de Lacera nos colexios de...

Educación fixa servizos mínimos para a folga de Lacera nos colexios de Santiago

A orde establece a presenza dun conserxe ou ordenanza durante todo o horario escolar nos centros de infantil e primaria os días 1 e 2 de xuño

Publicado o

Xornal de Compostela

A Consellería de Educación publicou este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG) a orde pola que se establecen os servizos mínimos con motivo da folga convocada entre o persoal da empresa Lacera, encargada das tarefas de limpeza e conserxería nos centros de educación infantil e primaria de Santiago de Compostela.

Segundo recolle a resolución, durante as dúas xornadas de paro, previstas para os días 1 e 2 de xuño, os centros educativos deberán contar coa presenza de un conserxe ou ordenanza durante todo o horario escolar, co obxectivo de garantir o funcionamento básico das instalacións e a atención ás necesidades organizativas dos colexios.

A Xunta xustifica esta medida ao considerar que a custodia e seguridade do alumnado menor de idade constitúe unha responsabilidade esencial da Administración educativa e forma parte do dereito fundamental á educación. Por este motivo, a orde establece a necesidade de manter un servizo mínimo que permita asegurar estas funcións durante o desenvolvemento da folga.

O paro foi convocado pola CIG, que reclama melloras nas condicións laborais e salariais do persoal de Lacera. O sindicato sostén que os traballadores afectados están sometidos ao que cualifica como “o contrato máis precario” do Concello de Santiago, e denuncia a existencia de condicións que considera insuficientes tanto desde o punto de vista retributivo como organizativo.

A mobilización afecta ao persoal que presta servizos de limpeza e conserxería en centros educativos da capital galega, un colectivo que nos últimos días vén denunciando a necesidade de actualizar as súas condicións laborais e de avanzar nunha mellora do contrato que regula a prestación deste servizo.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...