InicioSOCIEDADESindicatos denuncian unha “situación caótica” nos xulgados de Santiago tras a posta...

Sindicatos denuncian unha “situación caótica” nos xulgados de Santiago tras a posta en marcha dos Tribunais de Instancia

SPJ-USO, STAJ, CSIF, UGT e CCOO reclaman medidas urxentes á Dirección Xeral de Xustiza ante a falta de persoal, a distribución “caótica” dos espazos, os atrasos xudiciais e a perda de dereitos laborais

Publicado o

Xornal de Compostela

Os sindicatos maioritarios de Xustiza —SPJ-USO, STAJ, CSIF, UGT e CCOO— denunciaron este xoves a “situación caótica” que viven os xulgados de Santiago tras a posta en marcha dos Tribunais de Instancia e esixiron “medidas urxentes” á Dirección Xeral de Xustiza para “frear o deterioro do servizo público” e evitar máis perda de dereitos laborais e atrasos xudiciais. Nunha asemblea celebrada este xoves, os representantes sindicais analizaron co persoal os “graves problemas derivados dunha implantación precipitada e improvisada” destes tribunais, sobre todo pola distribución de espazos e a “falta de persoal” suficiente.

Segundo trasladan as organizacións sindicais e o propio persoal, áreas como execución civil, social, sinalamento de xuízos penais ou o servizo de notificacións están “claramente infradotadas” e requiren unha “ampliación inmediata de persoal”. Ademais, denuncian que a distribución física das dependencias é “caótica”, xerando “desconcerto tanto entre profesionais como entre a cidadanía á hora de localizar onde se tramita cada procedemento”. A esta situación súmanse, sinalan, programas informáticos “obsoletos”, sen adaptación ás novas prazas nin ás actualizacións lexislativas necesarias para mecanizar os trámites procesuais.

PERDA DE DEREITOS LABORAIS E ATRASOS “INASUMIBLES”

Os sindicatos critican tamén a eliminación “arbitraria” do teletraballo e alertan de que todas estas decisións están a provocar “un colapso no servizo público de Xustiza” que, pese ao “esforzo do persoal”, está derivando nunha “perda inédita” de dereitos laborais. Entre os problemas sinalan repartos arbitrarios das cargas de traballo, excesos de xornada e limitacións na mobilidade. Ademais, avisan de que a falta de medios e de persoal está a ocasionar atrasos “inasumibles” en materias especialmente sensibles, como dereitos fundamentais, asuntos laborais, herdanzas ou violencia, “menosprezando o dereito da cidadanía a unha tutela xudicial efectiva”.

RECLAMAN NEGOCIACIÓN E REFORZOS INMEDIATOS

As organizacións sindicais convocantes esixen á Dirección Xeral de Xustiza a “apertura inmediata dun proceso de negociación” para implantar medidas urxentes que permitan reconducir a situación. Entre as súas reivindicacións destacan a ampliación dos cadros de persoal mediante a Relación de Postos de Traballo —RPT—, a dotación de medios materiais axeitados, a creación de equipos estruturais que “eviten a arbitrariedade nos repartos de carga laboral” e a posta en marcha de reforzos inmediatos. Os sindicatos advirten de que, se non se actúa con rapidez, a implantación dos Tribunais de Instancia pode agravar aínda máis os problemas dun servizo público esencial xa marcado pola falta de medios, a sobrecarga de traballo e os atrasos acumulados.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

A Asociación de Pacientes do CHUS denuncia unha demora de ata 22 meses para tratar unha lesión grave de xeonllo

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou o caso dunha muller de...

Arelas convoca unha concentración en Santiago polo Día Internacional da Visibilidade Non Binaria

A asociación Arelas anunciou a convocatoria dunha concentración en Santiago de Compostela con motivo...