InicioSOCIEDADEMáis de dez voos cancelados no aeroporto de Santiago por mor da...

Máis de dez voos cancelados no aeroporto de Santiago por mor da folga de persoal de Iberia

Hai máis cancelacións previstas para este venres.

Publicado o

Xornal de Compostela

As conexións canceladas no aeroporto de Santiago por mor da folga convocada por persoal de Iberia na terminal de Lavacolla aumentaron nas últimas horas e superan xa a decena. Así, este xoves, ás tres de Iberia xa canceladas na pasada xornada (dúas con Madrid e unha con Bilbao, cos seus correspondentes voos de volta), únense outras dúas conexións a Madrid de Air Europa e dúas máis de Vueling a Barcelona –cos respectivos regresos–. Para este venres cancelouse tamén unha conexión de Vueling a Barcelona.

Así o confirmaron a Europa Press fontes da sección sindical de UGT da compañía na capital galega, que convocaron dúas xornadas de paro –os días 16 e 17, respectivamente– para denunciar a “sobrecarga” de traballo por “falta de persoal” no aeroporto de Lavacolla.

O sindicato denuncia que a situación aínda se “agrava máis” polo peche do aeroporto de Vigo e, por tanto, polo desvío de carga de traballo cara a Santiago. En concreto, o sindicato esgrime que hai quendas que mesmo poden ir desde as 5,00 horas ata as 18,00 horas, con xornadas partidas para atender picos de traballo, o que “dificulta seriamente a conciliación da vida laboral e persoal” dos traballadores e traballadoras.

CONCENTRACIÓN Ás 12,00 HORAS

Ademais, incide en que estas “condicións precarias” afectan á saúde dos traballadores e traballadoras de Iberia en Santiago, con riscos “moi serios, tanto físicos como psicolóxicos”. UGT, que tamén convocou unha concentración este xoves para as 12,00 horas nas saídas do aeroporto de Rosalía de Castro, remarca que leva tempo “denunciando esta situación no servizo de ‘handling'” da compañía no aeroporto compostelán, e que Iberia “escúdase nun suposto normal funcionamento e dá a calada por resposta”.

ÚLTIMAS

O Sindicato de Vivenda de Compostela denuncia que unha manifestante ingresou no hospital tras unha agresión policial

O Sindicato de Vivenda de Compostela denunciou que varias participantes nas mobilizacións da folga...

O PSdeG abre a campaña en Santiago cun chamamento á mobilización para o 29-N

O PSdeG iniciou en Santiago a campaña para as eleccións xerais do 29 de...

O PP abre a campaña das xerais en Santiago e Verea chama a mobilizar o partido

O Partido Popular abriu esta noite en Santiago de Compostela a campaña das eleccións...

Pedro Sánchez participará nun acto electoral en Santiago o mércores 18 de novembro

O presidente do Goberno e candidato do PSOE ás eleccións xerais, Pedro Sánchez, visitará...

O Sindicato de Vivenda de Compostela denuncia que unha manifestante ingresou no hospital tras unha agresión policial

O Sindicato de Vivenda de Compostela denunciou que varias participantes nas mobilizacións da folga...

Miles de persoas fan soar as chaves en Compostela para reclamar unha vivenda digna na folga xeral do 11N

Miles de persoas percorreron este mércores as rúas de Santiago facendo soar as súas...

A folga xeral deixa unha imaxe insólita en Santiago: o Franco e a praza de abastos, con numerosos negocios pechados

A folga xeral deste mércores, 11 de novembro, deixou estampas pouco habituais no centro...