InicioMOV. SOCIAISA CIG-Ensino e STEG convocan dúas novas folgas en decembro e anuncia...

A CIG-Ensino e STEG convocan dúas novas folgas en decembro e anuncia unha manifestación en Santiago que culminará diante do Parlamento

O sindicato chama o profesorado á mobilización os días 16 e 17, coincidindo co pleno dos orzamentos da Xunta para 2026

Publicado o

Xornal de Compostela

Compostela volverá ser o epicentro das protestas do profesorado galego a mediados de decembro. A CIG-Ensino, en coordinación co STEG, fixo pública a convocatoria de dúas xornadas de folga para os días 16 e 17 de decembro, unha chamada que chega, segundo as organizacións, tras meses nos que a Consellería de Educación “segue facendo oídos xordos ao clamor do persoal docente no curso máis conflitivo desde hai catro décadas”.

A mobilización abrangue todo o persoal docente dependente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, desde Infantil e Primaria até Secundaria, FP e os ensinos de réxime especial. As datas foron escollidas, sinala a CIG-Ensino, porque coinciden cos días de avaliación, sobre todo en Primaria e Secundaria, nun curso no que tamén se adiantan os peches de trimestre na Formación Profesional.

A central sindical destacou que estes dous paros se suman aos xa celebrados desde setembro, o que supón cinco xornadas de folga en apenas catro meses de curso, unha acumulación que, segundo o sindicato, evidencia “a intensidade dun conflito laboral sen precedentes desde os anos 80 no ensino público non universitario”.

O 17 de decembro, día da segunda folga, as protestas concentraranse en Santiago de Compostela, onde se organiza unha “gran manifestación” que terá como punto central o Parlamento de Galicia. A mobilización coincidirá co pleno no que o Parlamento debaterá e votará a aprobación definitiva dos orzamentos da Xunta para 2026, un contexto que os sindicatos consideran clave para visibilizar as súas reivindicacións.

A CIG-Ensino sostén que, se o proxecto orzamentario segue adiante tal e como está, “hai moi pouca marxe de mellora” respecto ás cuestións que o profesorado reclama: baixada de cocientes, recuperación da carga lectiva previa aos recortes e unha maior dotación de persoal nos centros para atender a diversidade. O sindicato denuncia que o número de docentes previsto para 2026 “é o mesmo que nos últimos catro anos”.

Por todo isto, a organización insta o conselleiro Román Rodríguez a abrir “negociacións inmediatas” cos sindicatos, lembrando que “si o fai o seu homólogo en Sanidade”, e reclama unha rectificación que permita “frear estas convocatorias” e afrontar “a grave situación que atravesan os centros educativos”.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

A Asociación de Pacientes do CHUS denuncia unha demora de ata 22 meses para tratar unha lesión grave de xeonllo

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou o caso dunha muller de...

Arelas convoca unha concentración en Santiago polo Día Internacional da Visibilidade Non Binaria

A asociación Arelas anunciou a convocatoria dunha concentración en Santiago de Compostela con motivo...