InicioMOV. SOCIAISBombeiros forestais claman en Santiago por un servizo de incendios "público, digno...

Bombeiros forestais claman en Santiago por un servizo de incendios “público, digno e con garantías laborais”

Tras a onda de incendios deste verán que calcinou máis de 100.000 hectáreas, 177.000 hectáreas segundo Copernicus, os bombeiros remarcaron a importancia dos traballos de restauración forestal

Publicado o

Xornal de Compostela

Persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPIF) percorreron este xoves as rúas de Santiago de Compostela para esixir á Consellería do Medio Rural un servizo “público, digno e con garantías laborais”. A marcha, encabezada cunha pancarta baixo o lema ‘Pola estabilidade do emprego e unhas condicións de traballo dignas’, comezou minutos despois das 11.00 horas desta xornada diante da Consellería do Medio Rural e finalizou ante o edificio da Xunta, en San Caetano.

No percorrido, os manifestantes entoaron cánticos como ‘Rueda, escoita, bombeiros en loita’ ou ‘bombeiros forestais, todos iguais’ e portaron carteis nos que se puido ler: ‘traballo digno todo o ano’ e ‘os nosos soldos non son un xogo’. Os bombeiros denunciaron que “non pode volver pasar” o deste verán cando “persoal sen experiencia, nin información adecuada estaba a dirixir o lume ou traballando nas brigadas de extinción”.

“Pasaron 15 días da finalización da campaña e non escoitamos ningún tipo de rectificación, autocrítica e nin sequera houbo dimisións despois da gravísima onda de incendios que sufrimos este verán”, sinalou en declaracións aos medios a secretaria nacional da CIG-Autonómica, Celtia Burgos, acompañada do bombeiro forestal, Xulio Saiáns. A continuación, criticou que “non se pode soportar” que haxa un servizo público “atomizado” con contratos que “se realizan no medio da onda de incendios” e que “non é 100 % profesional”.

Tras a onda de incendios deste verán que calcinou máis de 100.000 hectáreas –177.000 hectáreas segundo Copernicus– os bombeiros remarcaron a importancia dos traballos de restauración forestal. Por iso, reclamaron manter os mesmos postos de traballo durante todo o ano, xa que, segundo explicaron, a partir do 15 de novembro “das 2.400 persoas que integran o servizo, 983 deixarán de traballar”.

Así mesmo, afirmou que “é inadmisible” que en plena onda de incendios a Xunta “contratase a 200 persoas dunhas vacantes que estaban sen cubrir”. Os manifestantes tamén reclamaron unha “xestión preventiva” do territorio para poder actuar. “Non podemos actuar sobre o cambio climático, podemos actuar sobre como é o dispositivo e sobre como temos o territorio”, resolveu Celtia Burgos.

SITUACIÓN DE ABANDONO E DESIGUALDADE

Á súa chegada a San Caetano, os manifestantes leron un manifesto no que denunciaron a situación de “abandono, desigualdade e mala xestión” que “padece” o persoal do SPIF. Por iso, reclamaron un servizo “100 % público e único” no que todo o persoal teña “as mesmas condicións laborais”, garántaselle ” a súa seguridade” e teña “dignidade laboral e salarial”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...