InicioMOV. SOCIAISA CIG convoca unha manifestación do persoal do Servizo de Incendios para...

A CIG convoca unha manifestación do persoal do Servizo de Incendios para o 30 de outubro en Santiago

O sindicato reclama un modelo “100% público” e denuncia a “mala xestión” da Xunta durante a vaga de lumes

Publicado o

Xornal de Compostela

O persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPIF) sairá ás rúas de Santiago de Compostela o próximo 30 de outubro convocado pola CIG-Administración Autonómica, que reclama un servizo de incendios “público, digno e con garantías laborais”.

Segundo informou o sindicato, a manifestación partirá ás 11:00 da Consellería do Medio Rural e rematará diante do complexo administrativo de San Caetano, sede da Xunta. A protesta busca visibilizar as demandas do persoal do SPIF, que reclama un servizo de extinción “100% público e único”, no que todos os traballadores conten coas mesmas condicións e se lles garanta “a saúde e a seguridade” no desempeño das súas funcións.

A CIG denuncia o “abandono, a desigualdade e a mala xestión” do servizo por parte da administración autonómica, o que, segundo o sindicato, “pon en risco de morte aos traballadores e á poboación”. Entre as principais reivindicacións figura o aumento do período de traballo do persoal fixo-discontinuo, que actualmente é de oito meses, ata os doce meses, co obxectivo de que poidan asumir tarefas de prevención forestal e de resposta ante multiemergencias. Esta medida, sinalan, permitiría dotar de maior estabilidade e continuidade o emprego.

Outra das demandas pasa por estender o Acordo do persoal funcionario do SPIF ao persoal laboral, en aplicación do principio de “igual traballo, igual salario e condicións laborais”.

Ademais das cuestións laborais, o sindicato apunta á necesidade de mellorar a coordinación e planificación da Consellería do Medio Rural durante a vaga de incendios, advertindo de que a “descoordinación e a improvisación” observadas este verán “poñen en perigo tanto ás persoas como ao territorio galego”.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O profesorado axudante doutor da USC denuncia o bloqueo das súas prazas de estabilización e esixe unha solución á Xunta

A Plataforma de Profesorado Axudante Doutor da USC denunciou este martes a situación de bloqueo...

O sindicato estudantil Fervenza celebra en Santiago a súa II Asemblea Nacional e fixa as súas próximas mobilizacións

O sindicato estudantil Fervenza celebrou este pasado sábado, 17 de outubro, a súa II...