InicioMOV. SOCIAISO PP alerta dun aumento de episodios de inseguridade no Ensanche compostelán

O PP alerta dun aumento de episodios de inseguridade no Ensanche compostelán

Os concelleiros Olaya Otero e José Ramón de la Fuente reclaman ao goberno local do BNG e CA que actúe ante os altercados e situacións de conflito na zona de Diego de Muros e Rodríguez Carracido

Publicado o

Xornal de Compostela

Os concelleiros do Partido Popular de Santiago de Compostela, Olaya Otero e José Ramón de la Fuente, advertiron este martes dun incremento de episodios de inseguridade en varias rúas do Ensanche compostelán, especialmente na contorna de Diego de Muros e Rodríguez Carracido.

Segundo explicaron, a situación está a xerar unha “importante preocupación entre veciños e comerciantes da zona”, que lles trasladaron “a existencia de cada vez máis situacións complicadas que alteran a convivencia e xeran alarma”.

A concelleira Otero indicou que se están a producir altercados na vía pública, increpacións a veciños, instalacións de tendas de campaña por parte de persoas sen fogar e episodios de menudeo de drogas, moitos deles “a plena luz do día”.

“Os veciños consideran inadmisible este escenario e néganse a resignarse a que se normalice”, engadiu a edil popular, quen apuntou que algúns comerciantes optan por traballar coas portas pechadas con chave por medo a posibles roubos ou incidentes.

Ante esta situación, Otero e De la Fuente instaron ao goberno municipal do BNG e Compostela Aberta a “non seguir mirando cara a outro lado” e lembraron que é “responsabilidade do Concello garantir algo tan básico e tan importante como a seguridade dos veciños e veciñas de Santiago”.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O profesorado axudante doutor da USC denuncia o bloqueo das súas prazas de estabilización e esixe unha solución á Xunta

A Plataforma de Profesorado Axudante Doutor da USC denunciou este martes a situación de bloqueo...

O sindicato estudantil Fervenza celebra en Santiago a súa II Asemblea Nacional e fixa as súas próximas mobilizacións

O sindicato estudantil Fervenza celebrou este pasado sábado, 17 de outubro, a súa II...