InicioSOCIEDADEClaman nas rúas de Compostela contra o sacrificio de tres cans no...

Claman nas rúas de Compostela contra o sacrificio de tres cans no refuxio de Bando

O pasado martes, o padroado da Fundación Refuxio de Bando decidiu seguir as recomendacións dos informes de veterinaria que recomendan o sacrificio para tres cans perigosos, entre eles o que estivo implicado no ataque a un traballador a semana pasada

Publicado o

Xornal de Compostela

Decenas de persoas participaron na mañá deste sábado nunha protesta en Santiago de Compostela para clamar contra o sacrifico de tres cans no refuxio de Bando. O pasado martes, o padroado da Fundación Refuxio de Bando decidiu seguir as recomendacións dos informes de veterinaria que recomendan o sacrificio para tres cans perigosos, entre eles o que estivo implicado no ataque a un traballador a semana pasada.

Esta decisión provocou que se abrise unha recollida de firmas a través de Change.org para pedir salvar a Gosu, Krenchy e Kayser. Leva máis de 2.700 rúbricas de apoio. Na protesta deste sábado podíanse ler carteis como ‘Non sacrificio, si rehabilitación’ ou ‘Necesitan educación, non unha inxección’, ademais de cánticos como ‘Non é eutanasia, é asasinato’. Pola súa banda, o concelleiro popular Adrián Vila, que participou nesta mobilización, defende que o PP de Santiago “foi o único partido que non votou a favor do sacrificio”. Reponsabiliza á alcaldesa, Goretti Sanmartín, da “caótica situación” no refuxio de Bando.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...