InicioMOV. SOCIAISTraballadores de Ryanair no aeroporto de Santiago convocan folga o 20 de...

Traballadores de Ryanair no aeroporto de Santiago convocan folga o 20 de outubro contra o ERE da compañía

A protesta, secundada por máis dun centenar de empregados, afectará tamén de maneira parcial a outras empresas do recinto e servizos vinculados

Publicado o

Xornal de Compostela

Os traballadores de Ryanair no aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro irán á folga o luns 20 de outubro, en resposta ao expediente de regulación de emprego (ERE) anunciado pola compañía aérea. Así o confirmou a delegada da CIG e membro do comité de empresa, Yolanda Carnota, quen explicou que a convocatoria foi rexistrada este mércores.

Segundo datos achegados pola central sindical, máis dun centenar de persoas participaron este xoves nunha concentración na terminal compostelá para amosar o seu rexeitamento ao axuste de persoal previsto pola aeroliña. Durante a mobilización, os empregados denunciaron a política laboral da empresa e reclamaron garantías de mantemento dos postos de traballo.

A folga terá carácter xeral para o persoal de Ryanair, mentres que noutros servizos do aeroporto e nas empresas próximas, como aparcamientos e compañías de alugueiro de vehículos, a convocatoria será parcial, de 12:00 a 15:00.

A CIG advirte de que esta será “a primeira dunha serie de accións” se a dirección da compañía non retira o ERE e non se abre un diálogo real cos representantes dos traballadores.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...