InicioECONOMÍAAs traballadoras de coidados denuncian en Santiago a precariedade laboral e salarial...

As traballadoras de coidados denuncian en Santiago a precariedade laboral e salarial que padecen

Tal e como recollen nun comunicado, o secretario nacional da CIG-Servizos, Carlos Arján, considerou "indecente" que o Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, botase "balóns fóra" na sesión de control do Parlamento de Galicia

Publicado o

Xornal de Compostela

As traballadoras do sector de coidados (residencias, Centros de Día e SAF) percorreron este mércores as rúas de Santiago para denunciar a “precariedade laboral e salarial” que padecen, sendo ademais este mércores a primeira das xornadas de folga á que están convocadas.

Tal e como recollen nun comunicado, o secretario nacional da CIG-Servizos, Carlos Arján, considerou “indecente” que o Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, botase “balóns fóra” na sesión de control do Parlamento de Galicia.

Arján cualificou de “vergoñoso” que Rueda “eludise a súa responsabilidade” afirmando que se trata dun servizo municipalizado e que depende de empresas privadas. Afeoulle tamén que tentase apropiarse da reunión celebrada coa Fegamp. “Din que foi iniciativa súa, máis de dous meses despois do asasinato da compañeira do Porriño, cando foi iniciativa da Fegamp”, explicou.

As traballadoras das residencias privadas de maiores e centros de día levan meses mobilizándose. A elas súmanse agora as traballadoras do SAF, a favor dunhas condicións salariais e laborais dignas e na defensa dun modelo de coidados “que antepoña o benestar das persoas ao lucro e egoísmo empresarial”.

Así o fixeron saber ao comezo da manifestación, que partiu da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), ao empresariado do sector, ao que dirixiron unha carta aberta que leron antes de continuar cara ao Consello Galego de Relacións Laborais, onde fixeron outra parada, para finalizar diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia, en San Caetano.

No escrito, esixen aos empresarios que senten a negociar os convenios do SAF — caducado desde 2012 — e de Residencias Privadas de Maiores, que abarca tamén os Centros de Día — caducado desde 2024 —.

Reclaman tamén a intervención da Consellaría de Política Social, así como dos Concellos, como os maiores responsables destes sectores esenciais.

Ao final da manifestación denunciaron, ademais, a “falta de sensibilidade, humanidade e responsabilidade” das administracións, para negociar un protocolo ante situacións de violencia no sector e denunciaron tamén que “despois da desgraza ocorrida no concello do Porriño deixásese pasar o tempo para que se esqueza, sen tomar as medidas para que situacións como esta non se volvan a repetir”.

Rexeitaron tamén a actitude do sector e da consellaría porque “non teñen interese algún por activar estas negociacións” e tamén dos demais sindicatos por “mirar cara a outro lado”.

Entre outras cuestións, demandan que no sector privado aplíquense as mesmas condicións de traballo e salario que no sector público, “que se abandone este modelo rancio, usurero e de amiguismos para sacarlle o diñeiro ás persoas maiores e dependentes, co único fin de enriquecerse á conta das persoas usuarias e das traballadoras”.

Nese sentido, apostaron por un modelo público de coidados que “garanta unha prestación de servizos de calidade para ter unha vida digna as persoas usuarias, tanto no seu domicilio como nun centro asistencial ou residencial”. “Mentres isto non ocorra as traballadoras deben ter unhas condicións xustas e un salario digno”, concluíron.

ÚLTIMAS

María José López Couso aborda no Pazo de Raxoi a colaboración entre a USC e o Concello de Santiago

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela, María José López Couso,...

Joaquín Goris amplía o seu contrato co Compos ata 2027

A SD Compostela anunciou a renovación de Joaquís Goris Abelenda por unha tempada máis,...

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

Convocan unha mobilización en Santiago contra o colapso sanitario: “Ou nos mobilizamos ou a sanidade seguirá destruída”

A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha concentración para o domingo 1 de febreiro...