InicioMOV. SOCIAISO estudantado e persoal docente mobilízase ante o Parlamento para reclamar a...

O estudantado e persoal docente mobilízase ante o Parlamento para reclamar a continuidade do Máster en Matemáticas da USC

A protesta coincide co pleno no que BNG e PSdeG preguntarán ao conselleiro sobre a negativa da Xunta a declarar a súa singularidade

Publicado o

Xornal de Compostela

Estudantes, docentes e investigadores da USC mobilizaranse mañá diante do Parlamento de Galicia para reclamar á Xunta a continuidade do Máster en Matemáticas, ameazado de desaparición pola falta de alumnado suficiente segundo os criterios oficiais. A concentración, convocada pola Plataforma en Defensa do Mestrado en Matemáticas da USC, comezará ás 09:30 e coincide coa sesión plenaria na que BNG e PSdeG formularán preguntas ao conselleiro de Educación, Román Rodríguez, sobre este asunto.

A principal reivindicación do colectivo é que a Xunta modifique a súa postura e permita manter o máster, malia non cumprir cos mínimos de matrícula establecidos. O decreto vixente desde 2011 fixa que os másteres universitarios non interuniversitarios deben contar con 20 estudantes, un número que, tras unha flexibilización normativa, se reduciu a unha media de 16 alumnos nos últimos tres cursos. Porén, o máster de Matemáticas na USC só chegou a acadar unha media de 12 matriculados, o que podería motivar a súa desaparición.

A alternativa que permitiría a continuidade do título é a declaración de ‘singularidade’, unha figura que exime certos estudos de cumprir os requisitos cuantitativos cando existen razóns académicas, científicas ou sociais que xustifican a súa preservación. A USC solicitou esta consideración durante varios anos, pero a Xunta negoua en cada ocasión, a última vez mediante unha resolución do 30 de abril de 2025.

A Plataforma que impulsa a protesta considera que a negativa da Administración autonómica compromete a formación avanzada en matemáticas e prexudica o desenvolvemento científico e profesional neste eido. Por iso, pide un xiro na política educativa do goberno galego que permita garantir unha oferta académica pública de calidade tamén en disciplinas con menor demanda. A protesta conta co apoio de numerosos membros da comunidade universitaria e pretende visibilizar o impacto negativo dunha decisión que, advirten, podería sentar un precedente para outros estudos de posgrao.

ÚLTIMAS

Manuel César renuncia como concelleiro de Santiago por motivos persoais e familiares e será substituído por Saleta Chao

O concelleiro de Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Electrónica de Santiago de...

O PSOE de Santiago levará ao pleno de outubro as barreiras arquitectónicas no acceso ás vivendas públicas de Conxo

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela presentará no pleno ordinario de outubro...

A Asociación de Xornalistas de Galicia concede o Premio Diego Bernal 2027 ao catedrático da USC Xosé López García

A Asociación de Xornalistas de Galicia (APG) decidiu conceder o Premio Diego Bernal 2027...

A criminalidade baixa un 2,3% en Santiago, con descensos nos delitos convencionais e na ciberdelincuencia

A criminalidade baixou un 2,3% en Santiago durante o primeiro semestre de 2026 respecto...

Unha concentración no Obradoiro denuncia a discriminación das persoas migrantes no acceso á vivenda

A Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela acolleu este luns, 12 de outubro,...

O persoal do comercio de alimentación maniféstase en Santiago para reclamar melloras laborais e salariais

As rúas de Santiago acolleron este sábado unha manifestación de traballadores e traballadoras do...

O colectivo de persoas racializadas da acampada do Obradoiro convoca unha concentración contra o racismo no acceso á vivenda

A Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela acollerá este luns 12 de outubro...