InicioMOV. SOCIAISO Concello tentará mediar na folga de Urbaser con "pouca marxe" de...

O Concello tentará mediar na folga de Urbaser con “pouca marxe” de manobra

Xesús Domínguez sinala que o conflito forma parte das negociacións colectivas e avoga por avanzar cara a un acordo antes da Ascensión

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago amósase disposto a intervir como mediador no conflito aberto entre os traballadores de Urbaser, empresa concesionaria da limpeza viaria e recollida do lixo, e a propia compañía, logo do anuncio dunha folga indefinida que comezará o sábado 24 de maio, en plena semana da Ascensión. Así o confirmou este luns o concelleiro de Sustentabilidade Ambiental e Servizos Básicos Comunitarios, Xesús Domínguez, quen advertiu que a capacidade de actuación do goberno municipal é limitada.

Domínguez explicou en rolda de prensa que o comité de empresa trasladoulle as súas reivindicacións nun encontro mantido o pasado venres, pero incidiu en que estas corresponden ao ámbito das negociacións colectivas entre o persoal e a empresa. “Entendemos que son cuestións que están dentro do espazo das negociacións colectivas coa empresa”, declarou o edil, deixando claro que, malia a disposición ao diálogo, o Concello ten unha marxe de manobra reducida.

A intención de Raxoi é actuar como interlocutor entre ambas as partes, para facilitar o entendemento e evitar que o paro indefinido afecte de forma significativa á cidade. “Tentaremos en calquera caso mediar, pero sabendo que pouca marxe temos neste caso”, insistiu Domínguez, quen tamén expresou o desexo de que se produzan avances antes da fin da semana e se alcance un acordo que permita desconvocar a folga.

O Concello xa está a traballar nun protocolo de servizos mínimos para garantir a salubridade pública durante os días de mobilización, especialmente tendo en conta que as datas coinciden coa celebración das festas da Ascensión. “Nunca é un bo momento para unha folga de servizos básicos”, recoñeceu Domínguez, polo que se busca minimizar os efectos sobre a veciñanza e o funcionamento da cidade.

ÚLTIMAS

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

A alcaldesa lamenta a morte de Beiras e chama a divulgar o seu legado entre as novas xeracións

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, expresou este venres o seu pesar...

Mercedes Rosón e as non adscritas apoian a oposición veciñal ao parque empresarial de Lavacolla

As concelleiras e o concelleiro non adscritos do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, Mila...

Santiago concederá case 2.000 bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares, 145 máis que o curso pasado

O Concello de Santiago de Compostela prevé conceder un total de 1.989 bolsas de...

“A morte de Maricarmen é un asasinato da violencia rentista”, din os acampados en Compostela

As persoas mozas acampadas na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, atribúen á...

O PSOE de Santiago solicita un minuto de silencio pola morte de Maricarmen Abascal

O Grupo Municipal Socialista de Santiago solicitou á alcaldesa, Goretti Sanmartín, a convocatoria dun...

A acampada pola vivenda no Obradoiro pide pesas, palés e vigas para reforzar as súas estruturas

As persoas que permanecen acampadas na Praza do Obradoiro para protestar pola crise da...