InicioMOV. SOCIAISMáis de 300 voluntarios participan no XVI Encontro de Cáritas en Santiago...

Máis de 300 voluntarios participan no XVI Encontro de Cáritas en Santiago de Compostela

O evento homenaxea ao Papa Francisco e reflexiona sobre o papel das comunidades acolledoras no contexto actual

Publicado o

Xornal de Compostela

Este sábado, día 26, o Colexio La Salle de Santiago de Compostela acollerá o XVI Encontro do Voluntariado de Cáritas, que reunirá a máis de 300 persoas de distintas Cáritas diocesanas de Galicia. Baixo o lema ‘Cáritas, motor de comunidades acolledoras’, o evento ten como obxectivo reflexionar sobre o papel fundamental das persoas voluntarias na sociedade actual e recoñecer o seu compromiso coa acción voluntaria.

A xornada comezará ás 11:00 horas cun relatorio central a cargo de Fernando Redondo Pavón, director do departamento de Migracións da Conferencia Episcopal Española. O seu relatorio centrarase no papel de Cáritas como motor de comunidades acolledoras e na importancia do voluntariado na loita contra a exclusión social, especialmente no que respecta á acollida e integración das persoas migrantes.

A continuación, terá lugar unha mesa redonda na que se compartirán experiencias de Cáritas relacionadas coa acollida, a protección e a integración dos colectivos máis vulnerables. A mesa redonda servirá tamén para afondar nas cuestións fundamentais que afetan á sociedade actual, como a solidariedade e a necesidade de crear espazos máis acolledores para aqueles que chegan a Galicia en busca de mellores oportunidades.

A xornada rematará ás 17:00 horas cunha eucaristía xubilar na Catedral de Santiago, onde se fará un chamamento á cidadanía e ás empresas para reforzar o compromiso social coas iniciativas de Cáritas na loita contra a desigualdade social. A institución subliña que os compromisos adquiridos son urxentes para construir unha sociedade máis xusta, que faga fronte aos retos crecentes de exclusión e pobreza, nun contexto onde a organización colectiva é vital para combater a crise social.

A XVI edición do Encontro do Voluntariado de Cáritas tamén será un momento de homenaxe ao Papa Francisco, no que se recoñecerá a súa incidencia na promoción de comunidades máis solidarias e acolledoras en todo o mundo.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...