InicioMOV. SOCIAISFamilias do CEIP Lamas de Abade continúan a reclamar a saída do...

Familias do CEIP Lamas de Abade continúan a reclamar a saída do programa ‘E-Dixgal’

Un grupo de pais e nais continúa as súas protestas contra o libro dixital e solicita un acordo do claustro para abandonar a iniciativa

Publicado o

Xornal de Compostela

A controversia polo uso do libro dixital ‘E-Dixgal’ no CEIP Lamas de Abade de Santiago de Compostela continúa. Un grupo de pais e nais mantén as súas reivindicacións contra esta ferramenta implantada pola Consellería de Educación e solicita que o centro abandone o programa mediante un acordo do claustro de profesores.

Como parte das súas protestas, este martes apareceron pancartas e camisetas coas que demandan que o profesorado non continúe co uso desta plataforma. Nunha das pancartas situadas nos arredores do colexio podía lerse: ‘Profesorado, pedímosvos non seguir co ‘E-Dixgal”.

Gustavo Sende, pai e representante das familias no Consello Escolar, explica que a principal demanda é a saída do CEIP Lamas de Abade do ‘E-Dixgal’. No entanto, subliña que as accións levadas a cabo non están dirixidas contra o profesorado, senón contra a falta de diálogo co equipo directivo.

Sende denuncia que as súas peticións foron ignoradas ata o de agora, chegando a describir a actitude da dirección do centro como “chocar contra un muro”. Ademais, sostén que esta ferramenta dixital “non é nada beneficiosa para os nenos”.

RESULTADOS DA ENQUISA A FAMILIAS

Para avaliar a opinión das familias, a Asociación de Familias do Alumnado (AFA) do centro realizou unha enquisa entre os pais e nais do alumnado, na que participaron 133 persoas. Os resultados reflicten que un 82,7% da comunidade educativa está en contra da continuidade do programa, mentres que un 14,3% se mostra favorable á súa permanencia. O 3% restante afirmou descoñecer o funcionamento do ‘E-Dixgal’.

A AFA, a través dun comunicado, reclamou que a opinión das familias sexa tida en conta na toma de decisións sobre este asunto. “Queremos que quede constancia desta desconformidade e que sexa considerada”, subliñaron desde a directiva da asociación.

A saída do programa require unha decisión do claustro de profesores, polo que o debate segue aberto. As familias esperan agora que o centro reconsidere a súa postura e abra unha canle de comunicación para tratar o futuro do libro dixital no CEIP Lamas de Abade.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...