InicioMOV. SOCIAISSantiago lanza a campaña 'Ollo ao can' para fomentar a adopción de...

Santiago lanza a campaña ‘Ollo ao can’ para fomentar a adopción de animais

A iniciativa busca concienciar sobre o coidado animal e promover o voluntariado a través de actividades na Alameda

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais de Santiago, María Rozas, presentou este xoves a campaña ‘Ollo ao can’, destinada a promover a adopción de animais e a sensibilización sobre o coidado responsable. O proxecto, que conta coa colaboración do Refuxio de Bando e das asociacións Micos do Barrio, Abeiro e Argo, está incluído nos Orzamentos Participativos 2024.

Durante a presentación, que contou tamén coa presenza do concelleiro de Sostibilidade Ambiental e Dereitos dous Animais, Xesús Domínguez, explicouse que a campaña é o resultado de fusionar dúas propostas votadas pola mocidade: unha feira de adopción e un programa de difusión do voluntariado no ámbito do coidado animal.

A campaña céntrase nos propios animais do Refuxio de Bando, cuxas historias e fotografías serán empregadas en marcapáxinas, carteis e outros materiais de divulgación que se repartirán por diversos puntos da cidade. Ademais, instalaranse carpas informativas na Alameda os días 23 e 30 de novembro, onde as entidades participantes divulgarán o seu traballo e explicarán en que consiste o voluntariado no coidado animal.

Segundo detallou Rozas, estas xornadas tamén incluirán actividades lúdicas, como unha chocolatada que terá lugar ás 18.00 horas en ambas as datas. Ademais, anunciou que en decembro se impartirá unha formación específica para persoas interesadas en colaborar como voluntarios.

Con esta iniciativa, o Concello de Santiago busca fomentar o compromiso co benestar animal e visibilizar a importancia do traballo das entidades que operan na cidade. ‘A campaña é unha oportunidade para que a cidadanía reflexione sobre a adopción e o coidado responsable, ao tempo que recoñece o labor fundamental destas asociacións’, destacou a concelleira María Rozas.

A programación continuará con accións formativas e de sensibilización ao longo das próximas semanas, reafirmando o compromiso municipal co coidado animal e o voluntariado comunitario.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...