InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOO programa 'Patrimonio C' abrirá ao público diferentes espazos que forman parte...

O programa ‘Patrimonio C’ abrirá ao público diferentes espazos que forman parte do legado histórico de Compostela

A iniciativa desenvolverase ao longo do mes de setembro para "difundir e pór en valor a riqueza patrimonial da cidade", ademais de "resignificar" os espazos históricos limitados normalmente a un uso turístico.

Publicado o

Xornal de Compostela

Concello de Santiago acollerá este mes de setembro o ciclo ‘Patrimonio C’, un “intenso programa de actividades” para “difundir e pór en valor a riqueza patrimonial da cidade”, ademais de “resignificar” os espazos históricos limitados normalmente a un uso turístico. A alcaldesa compostelá, Goretti Sanmartín, presentou este mércores a iniciativa, que conta co apoio da Deputación da Coruña, nunha rolda de prensa na que tamén interviñeron a deputada de Cultura da institución, Natividade González e César Abella e Manuel Rial, director xeral e xestor cultural de Trivium, entidade participante na organización do programa.

Sanmartín asegurou que Compostela é unha cidade “orgullosa de si mesma” e esa reivindicación do “riquísimo patrimonio” en todas as súas dimensións tradúcese nun programa que “cada vez se ofrece a máis persoas para que poidan coñecer e descubrir eses tesouros invisibles”. Neste sentido, a rexedora subliñou a vontade por dar continuidade a este “esforzo” ao longo do ano, así como o incremento do número de prazas dispoñibles nas actividades ofrecidas nesta edición.

SEMANA DO PATRIMONIO INVISIBLE

Por outra banda, o programa ‘Patrimonio C’ abrirase este luns 9 de setembro coa sexta edición da ‘Semana do Patrimonio Invisible’, que terminará o sábado 14. Este ciclo “convida” aos cidadáns a coñecer de primeira man edificios e localizacións históricas que forman parte do legado patrimonial de Santiago e que “de cando en cando” pode ser visitados. Deste xeito, deseñaron visitas guiadas e gratuítas para grupos pequenos e cunha duración aproximada dunha hora coas que se busca “conxugar a calidade do discurso narrativo coa protección dos bens culturais”.

Segundo explicaron nunha rolda de prensa celebrada este mércores, o mapa inclúe unha ducia de espazos singulares entre os que se atopan o Hospital Psiquiátrico de Conxo, o edificio da Facultade de Xeografía e Historia, o cemiterio e a capela do Rosario, ademais doutros que centran as visitas nocturnas da ‘Noite do Patrimonio’. Así mesmo, a estes lugares súmanselles outros novos como a fachada e a torre do Tesouro da Catedral, o Observatorio Ramón María Aller da USC e unha visita secreta, entre outros. Para participar en calquera dos grupos, en total hai 702 prazas, é necesario realizar inscrición previa a través do formulario de reservas que estará dispoñible o venres 6 de setembro en patrimonioinvisible.gal e na web de Compostela Cultura.

A NOITE DO PATRIMONIO

Con todo, o Concello de Santiago súmase ás conmemoracións de ‘A Noite do Patrimonio’ o día 14 de setembro con espectáculos de música e danza, itinerarios guiados e coa apertura de portas a talleres, espazos de arte, e outras localizacións “esenciais” do mapa cultural da cidade.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

Funcionarios de Xustiza denuncian “explotación laboral” nos xulgados de Fontiñas

Funcionarios do xulgado de instancia de Santiago de Compostela concentráronse este xoves diante dos...