InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOUnha exposición exhibe no Pazo de Fonseca imaxes dos 25 bens patrimonio...

Unha exposición exhibe no Pazo de Fonseca imaxes dos 25 bens patrimonio inmaterial recoñecidos no Estado

A mostra conformada por 25 paneis cos bens recoñecidos pola Unesco permanecerá no claustro baixo do Pazo de Fonseca da Universidade de Santiago durante un mes, ata o 16 de novembro, data na que se celebra o Día Internacional do Patrimonio Material

Publicado o

Xornal de Compostela

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas Ondas! reivindicou este xoves 17 de outubro, primeiro Día Internacional do Patrimonio Inmaterial, a riqueza e a diversidade cultural do Estado cunha mostra fotográfica cos 25 bens patrimonio inmaterial recoñecidos pola Organización das Nacións Unidas para a Cultura, as Ciencias e a Educación. A mostra conformada por 25 paneis cos bens recoñecidos pola Unesco permanecerá no claustro baixo do Pazo de Fonseca da Universidade de Santiago durante un mes, ata o 16 de novembro, data na que se celebra o Día Internacional do Patrimonio Material.

Na inauguración da mostra, o presidente da asociación, Santiago Veloso, reivindicou que a importancia do patrimonio cultural inmaterial (PCI) como patrimonio “vivo” é cada vez “máis importante” na vida das persoas e as comunidades. No acto participou o grupo de música tradicional conformado polo alumnado do CEIP da Ramallosa (Teo), protagonista dunha das imaxes da mostra. “Eles e elas xa son persoas portadoras do noso patrimonio e algún día sentiranse orgullosos de transmitir o seu saber e as súas prácticas aos seus descendentes”, sinalou Veloso.

A asociación convida a celebrar o ‘Outono do Patrimonio’ completando a programación da exposición con actividades nos centros socioculturais do Concello de Santiago e no Consello da Cultura Galega. Unhas accións que buscarán reivindicar o patrimonio cultural inmaterial galego portugués e homenaxear a algún dos seus portadores e cuxa programación se completan con actividades en Ourense, Valença do Minho e Vigo.

No acto, a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, puxo en foco en que ese patrimonio intangible é froito da interacción entre o territorio e a sociedade, de forma que cada comunidade “ten algo de seu e que ninguén máis ten”. Ademais, destacou o carácter integrador da identidade galega. “Estas celebracións queren pór o acento respecto diso da diversidade, da identidade do outro e dar a coñecer as maneiras de ser e estar no mundo”, destacou.

Na inauguración, na que tamén participou o concelleiro compostelán Xan Duro e o vicerreitor da USC, Gumersindo Feijóo, outro dos integrantes da asocición, Xosé Manuel Diego, describiu a mostra como un “espazo de intercambio de coñecementos e saberes que cada un ten sobre algunha das manifestacións” que se recollen nas 25 imaxes. Nelas pódese ver a festa dos Cabalos do Viño de Caravaca de la Cruz (Murcia), a celebración da Patum de Berga (Cataluña) ou o asubío gomero, a linguaxe asubiada da Illa da Gomera, en Canarias.

En concreto, a Asociación Ponte… nas Ondas! traballa desde as aulas para divulgar a cultura común galego-portuguesa entre as novas xeracións, utilizando como soporte as novas tecnoloxías e particularmente, a radio, tratando de tender unha ponte radiofónica entre Galicia e Portugal. Deste xeito, a entidade convida aos centros educativos a que se somen á conmemoración desta data e que transmitan ao alumnado o valor da cultura inmaterial.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A Catedral de Santiago e San Martiño Pinario abrirán as súas bibliotecas ao público con visitas guiadas este venres

O patrimonio bibliográfico de Santiago de Compostela será protagonista este venres 23 de outubro,...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...