InicioSOCIEDADEO Sergas adxudica por 12 millóns en dous anos o novo contrato...

O Sergas adxudica por 12 millóns en dous anos o novo contrato de ambulancias da área sanitaria á mesma UTE

O proceso de contratación iniciouse xa en abril, cando recibiu o visto e prace do Goberno galego aínda que por un prezo inicial duns 10 millóns. Con todo, foi declarado deserto porque non se presentaron ofertas, tras o que volveu saír a licitación a finais de xullo pero por 12 millóns máis

Publicado o

Xornal de Compostela

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) adxudicou por 12.043.950 euros, por un período de dous anos, o novo contrato de transporte sanitario da área de Santiago-Barbanza á unión temporal de empresas (UTE) TSNUX Santiago e Barbanza. Trátase da mesma UTE que levaba o servizo ata o momento e estaba conformada por Ambulancias Casablanca e Ambulancias do Cantábrico. Na primeira destas dúas estivo a piques de iniciarse un conflito a comezos de verán por varios incumprimentos de condicións laborais que denunciou a CIG, pero suspendeuse ao abrirse unha negociación.

O proceso de contratación iniciouse xa en abril, cando recibiu o visto e prace do Goberno galego aínda que por un prezo inicial duns 10 millóns. Con todo, foi declarado deserto porque non se presentaron ofertas, tras o que volveu saír a licitación a finais de xullo pero por 12 millóns máis. Así, o martes desta semana, o Portal Contratos do Sector Público da Xunta publicou a adxudicación do servizo á UTE TSNUX por outros dous anos.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...