InicioSANTIAGOAs inmobiliarias recomendan reforzar as inspeccións de vivendas turísticas en Santiago

As inmobiliarias recomendan reforzar as inspeccións de vivendas turísticas en Santiago

Nun escrito remitido ao Concello de Santiago, suxiren que se poña en marcha un programa intensivo e xornal de inspeccións en áreas con alta concertación deste tipo de vivendas.

Publicado o

Xornal de Compostela

A Asociación Galega de Inmobiliarias (Agalin) propón reforzar as inspeccións e as sancións das vivendas de uso turístico (VUT) en Santiago.

Estas son dous do sete medidas que a Asociación presentou como alegacións á ordenanza que regula a comunicación ao Concello das vivendas de uso turístico.

Desta forma, no escrito remitido ao Concello de Santiago, suxeriu que se poña en marcha un programa intensivo e xornal de inspeccións en áreas con alta concertación deste tipo de vivendas.

Todo iso, complementado cunha plataforma dixital coa que poder monitorear en tempo real a actividade das VUT e reclama ao Concello que cre un órgano de supervisión específico.

Así mesmo, outra das propostas pasa por reforzar as sancións para “disuadir o incumprimento” e expón que estas multas sexan acumulativas para os reincidentes.

Agalin tamén solicita que Raxoi alcance un acordo coas plataformas de aluguer para que só publiquen anuncios de VUT que teñan licenza municipal e propón incentivar o aluguer a longo prazo.

ÚLTIMAS

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...

A Asociación de Pacientes do CHUS denuncia unha demora de ata 22 meses para tratar unha lesión grave de xeonllo

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou o caso dunha muller de...

A USC lanza un plan para aliviar a presión da vivenda universitaria en Santiago e Lugo

A Universidade de Santiago de Compostela presentou este venres o seu novo Plan Social...

Dúas gasolineiras en Santiago entre as máis baratas na AP-9 en período vacacional xunto a outra de Ferrol

A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) realizou un estudo sobre as gasolineiras máis...

Persoal do transporte de mercadorías reclama un “convenio provincial digno” en Santiago

Persoal do transporte de mercadorías por estrada, convocado polos sindicatos CCOO, CIG e UGT,...