InicioECONOMÍAO Concello de Santiago adxudica unha parcela en Lamas de Abade para...

O Concello de Santiago adxudica unha parcela en Lamas de Abade para vivenda protexida

Apróbase tamén a pavimentación dunha rúa en Marrozos e varias licenzas de obras

Publicado o

Xornal de Compostela

O goberno local de Santiago aprobou a transmisión dunha parcela de protección a ‘Compostela 2024, Sociedade Cooperativa Galega’ para a construción de vivenda protexida. Segundo explicou a portavoz municipal, Míriam Louzao, o terreo, denominado BB-8, está situado no ámbito do SUNP-12 en Lamas de Abade.

Nunha rolda de prensa celebrada no Pazo de Raxoi, Louzao anunciou tamén a adxudicación da obra de pavimentación da rúa das Baleixas, en Marrozos, cun importe de 46.229 euros e un prazo de execución de dous meses. O proxecto inclúe a limpeza, acondicionamento e saneamento de zonas deterioradas.

LICENZAS DE OBRAS E FINANCIAMENTO

Na primeira sesión ordinaria de agosto da xunta de goberno, tamén se concederon oito licenzas de obras, todas elas a particulares. Estas licenzas inclúen dúas para rehabilitación de edificios, unha para reforma, tres para demolición e dúas para aparellamento.

Ademais, adxudicouse un contrato de préstamo por un importe de nove millóns de euros á entidade Kutxabank para financiar diversas obras.

SERVIZOS SOCIAIS

No ámbito dos Servizos Sociais, a xunta do goberno local rectificou un acordo previo referente á solicitude de transferencia finalista para o financiamento dos servizos comunitarios básicos do ano 2024. A porcentaxe de cofinanciamento municipal pasará a ser do 67,85%, fronte ao 57,42% inicialmente previsto. “Todos os gastos a cargo do Concello contan con consignación orzamentaria, polo que esta modificación non suporá ningún gasto engadido para o Consistorio”, sinalou Míriam Louzao.

CONVENIOS DE CAPACIDADE CULTURAL
Louzao destacou tamén a firma de varios convenios de Capitalidade Cultural, incluíndo acordos co Banco de Alimentos por 5.000 euros, coa Federación Galega de Baloncesto por 28.000 euros, coa Agrupación Cultural O Galo por 5.000 euros e co Ateneo de Santiago por 20.000 euros, entre outros.
MASIFICACIÓN TURÍSTICA

A preguntas dos medios sobre a posible masificación turística en Santiago de Compostela, Louzao afirmou que “os datos están aí” e que en determinados momentos e lugares “hai moitísimas persoas” na cidade. “Estamos analizando e solicitando datos para cuantificar esta situación”, explicou.

A portavoz subliñou a importancia de “mover os fluxos de persoas” e de traballar conxuntamente entre as distintas Administracións para reconducir a situación e facilitar unha convivencia óptima coa cidadanía.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...