InicioECONOMÍAEconomistas da USC prevén que Galicia creza menos que España en 2024,...

Economistas da USC prevén que Galicia creza menos que España en 2024, aínda que estará por encima en 2025

Economistas do equipo de Hispalink Galicia da Universidade de Santiago de Compostela (USC) fixeron públicas previsións para os próximos anos nas que prevén que o Produto Interior Bruto (PIB) da comunidade creza un 1,8 % este 2024, por baixo do 2,2 % de España.

Publicado o

Xornal de Compostela

Economistas do equipo de Hispalink Galicia da Universidade de Santiago de Compostela (USC) fixeron públicas previsións para os próximos anos nas que prevén que o Produto Interior Bruto (PIB) da comunidade creza un 1,8 % este 2024, por baixo do 2,2 % de España. Nun comunicado, informan de que será a construción o sector de maior crecemento este ano (2,6 %), seguida da industria (2,4 %). A alza dos servizos será do 1,6 % e en agricultura e pesca, do 1,5 %.

Mentres, auguran unha melloría para 2025, onde a economía galega avanzará un 2,5 %, unha décima máis da media estatal (2,4 %). Xa para 2026, Hispalink prevé que a taxa de crecemento do valor engadido bruto real de Galicia será do 2,3 %, unha décima menos que o 2,4 % do país.

ÚLTIMAS

Ghaleb Jaber pronunciará o pregón das festas do Apóstolo

Ghaleb Jaber Ibrahim será o encargado de pronunciar o pregón das festas do Apóstolo,...

Excarcerada unha persoa tras chocar co seu coche contra un camión aparcado en Santiago

Unha persoa tivo que ser liberada do seu coche tras chocar contra un camión...

O PSdeG esixe incorporar a VOLABAN ao Padroado do Refuxio de Bando tras máis dun ano de demora

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste mes unha proposta para...

Renfe incorpora en Santiago o servizo para que menores viaxen sós en tren a Madrid

Renfe vén de incorporar na estación de Santiago de Compostela o servizo 'Menores que...

Renfe incorpora en Santiago o servizo para que menores viaxen sós en tren a Madrid

Renfe vén de incorporar na estación de Santiago de Compostela o servizo 'Menores que...

A USC lanza un plan para aliviar a presión da vivenda universitaria en Santiago e Lugo

A Universidade de Santiago de Compostela presentou este venres o seu novo Plan Social...

Desarticulado en Santiago un clan familiar que vendía droga nunha vivenda blindada con reixas e unha xanela para entregar doses

A redada antidroga levada a cabo pola Policía Nacional o pasado 15 de xullo...