InicioECONOMÍAAbre o prazo para solicitar bolsas de comedor escolar e actividades extraescolares...

Abre o prazo para solicitar bolsas de comedor escolar e actividades extraescolares en Santiago

O Concello destina 1.100.000 euros para axudas no curso 2024-2025, incrementando o orzamento en case un 40%

Publicado o

Xornal de Compostela

Hoxe martes ábrese o prazo para solicitar as bolsas de comedor escolar, adquisición de material e realización de actividades extraescolares para o próximo curso 2024-2025 no Concello de Santiago.

A Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais da capital galega destina 1.100.000 euros a estas axudas, que se poderán solicitar ata o 3 de xuño.

Segundo destacou o Executivo local, o orzamento desta convocatoria é case un 40% superior ao da anterior, que contaba cun orzamento de 795.000 euros.

Entre as novidades que explicou a concelleira María Rozas, hai cambios nos criterios de baremación e nas contías das axudas, co obxectivo de “chegar a máis familias e facer unha aposta real pola igualdade de oportunidades”.

Para facilitar a xestión das solicitudes, hoxe terá lugar unha xornada informativa na Casa das Asociacións de Benestar Social, en Salgueiriños, a partir das 10:00. Ademais, os diferentes puntos de atención de Servizos Sociais atenderán a todas as persoas interesadas de luns a venres, en horario de 9:30 a 11:00.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

A USC lanza un plan para aliviar a presión da vivenda universitaria en Santiago e Lugo

A Universidade de Santiago de Compostela presentou este venres o seu novo Plan Social...

Dúas gasolineiras en Santiago entre as máis baratas na AP-9 en período vacacional xunto a outra de Ferrol

A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) realizou un estudo sobre as gasolineiras máis...

Persoal do transporte de mercadorías reclama un “convenio provincial digno” en Santiago

Persoal do transporte de mercadorías por estrada, convocado polos sindicatos CCOO, CIG e UGT,...