InicioECONOMÍAExpertos de Harvard e Oxford tratarán en Santiago o uso de datos...

Expertos de Harvard e Oxford tratarán en Santiago o uso de datos e da IA dentro da educación

En concreto, neste encontro participan representantes dos ámbitos tecnolóxicos e pedagóxicos das universidades de Harvard, Boston, Oxford e Finlandia, así como investigadores das universidades galegas

Publicado o

Xornal de Compostela

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, inaugurou este xoves unha xornada de traballo co equipo asesor do proxecto EdugalIA, que reunirá ata este venres a profesionais de diferentes universidades –como Oxford e Harvard– e institucións académicas para abordar o uso dos datos e a intelixencia artificial na educación.

En concreto, neste encontro participan representantes dos ámbitos tecnolóxicos e pedagóxicos das universidades de Harvard, Boston, Oxford e Finlandia, así como investigadores das universidades galegas.

Pero tamén profesionais de centros de investigación como o Cesga (Centro de Supercomputación de Galicia), o Supercomputing Center de Barcelona, a Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais de España, expertos en gobernación educativa, pedagogos e analistas de datos e IA.

Segundo subliñou a Xunta nunha nota de prensa, o obxectivo do encontro é “debater e profundar” no coñecemento sobre a anonimización de datos sensibles para que poidan ser usados pola IA.

Así como na implementación da plataforma de xestión GaliOrienta, que incorpora a intelixencia artificial ao servizo dos departamentos de orientación para previr o abandono educativo temperán e o absentismo escolar.

Con todo, o titular de Educación destacou a proxección nacional e internacional desta iniciativa, que está considerada como “o mellor proxecto de España co uso da intelixencia artificial ao servizo educativo” ao lograr 10 millóns de euros de financiamento a través do proceso de Compra Pública Innovadora.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...