InicioECONOMÍAA partir do mércores poden solicitarse as bolsas comedor, material escolar e...

A partir do mércores poden solicitarse as bolsas comedor, material escolar e actividades extraescolares

"O obxectivo é seguir reforzando unhas bolsas que son unha das principais ferramentas das que dispoñemos para facilitar a igualdade de oportunidades e a conciliación das familias de Santiago", explica a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas.

Publicado o

Xornal de Compostela

O prazo para solicitar as bolsas de comedor escolar, material e actividades extraescolares do Concello de Santiago estará aberto desde este mércores, 1 de xullo, ata o 14 de xullo, unha vez publicada a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. O Concello de Santiago destina a estas axudas 1.150.000 euros, 50.000 euros máis que no curso pasado. “O obxectivo é seguir reforzando unhas bolsas que son unha das principais ferramentas das que dispoñemos para facilitar a igualdade de oportunidades e a conciliación das familias de Santiago”, explica a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas.

A convocatoria inclúe tres modalidades de axuda: as bolsas por escaseza de recursos, que poden ser de comedor ou para a realización de actividades extraescolares e ás que poden acceder os nenos e nenas de familias que non superen a renda per cápita do 100% do IPREM anual; as bolsas para a adquisición de material escolar; e as bolsas de comedor por razóns de conciliación.

As bolsas de comedor escolar por escaseza de recursos terán unha contía de 100 euros mensuais, salvo no caso do alumnado dos centros de educación especial, que poderán recibir ata 180 euros mensuais. Para a realización de actividades escolares abonaranse axudas de 35 euros mensuais por menor e, ao contrario do que ocorría en anteriores convocatorias, esa contía será con independencia do número de actividades realizadas e as horas de asistencia ás mesmas.

En canto ás bolsas para a adquisición de material escolar serán de ata un máximo de 100 euros mensuais; e as bolsas de comedor por razóns de conciliación quedan fixadas en 45 euros mensuais. Nestes dous casos, elevouse o limiar de renda con respecto a anteriores convocatorias, e poderán acceder ás axudas os nenos e nenas de familias que non superen a renda máxima familiar anual de 5,5 veces o IPREM.

ÚLTIMAS

Ferroglobe solicita ampliar un 30% a mina de Serrabal entre Vedra e Boqueixón

Ferroglobe, a antiga Ferroatlántica, iniciou os trámites para ampliar a superficie da mina de...

Santiago expón o seu modelo urbano ante unha delegación da Academia China de Ciencias Sociais

O modelo de cidade de Santiago de Compostela centrou este xoves unha reunión entre...

Unha nova investigación descifra a ‘Odisea’ agochada na Catedral de Santiago

Unha nova investigación de Francisco Prado-Vilar, profesor da USC e investigador do CISPAC, propón...

Verea ameaza con bloquear as novas tarifas de autobús se eliminan a gratuidade para o xubilados

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, advertiu este mércores de que...

Santiago expón o seu modelo urbano ante unha delegación da Academia China de Ciencias Sociais

O modelo de cidade de Santiago de Compostela centrou este xoves unha reunión entre...

United Airlines manterá en 2027 a conexión entre Santiago e Nova York

O Concello de Santiago valorou como unha "moi boa noticia" a decisión de United...

Santiago autoriza un cámping para 40 caravanas no Tambre e adxudica proxectos de accesibilidade en varios edificios

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns unha serie de acordos...