InicioECONOMÍALouzao afirma que as previsións turísticas do verán son positivas e confía...

Louzao afirma que as previsións turísticas do verán son positivas e confía en pechar novas rutas aéreas para o outono

A portavoz do Goberno local sinala que o Concello mantén conversas con compañías e reclama á Xunta que lidere a política aeroportuaria galega

Publicado o

Xornal de Compostela

A portavoz do Goberno local de Santiago, Míriam Louzao, afirmou que as previsións turísticas para os meses de verán son “moi positivas”, despois dun inicio de ano condicionado polo peche da base de Ryanair no aeroporto Rosalía de Castro e polas obras realizadas na pista do aeródromo compostelán.

Louzao trasladou esta valoración tras ser preguntada en rolda de prensa pola situación turística de cara á tempada estival. A concelleira explicou que, malia os meses de maior dificultade que atravesou a cidade pola redución da operativa aérea e polos traballos no aeroporto, o sector está a trasladar agora unhas expectativas favorables tanto para o verán como para o outono.

“Estamos satisfeitas vendo que as previsións son boas e seguimos traballando para que no inverno o turismo poida mellorar e ter visitantes repartidos todo o ano”, indicou a portavoz municipal, que vinculou este obxectivo coa necesidade de avanzar cara a unha chegada de visitantes menos concentrada nos meses de maior actividade.

Segundo explicou Louzao, o Concello continúa en contacto con compañías aéreas para tentar incorporar algunha nova conexión na tempada de outono. Neste sentido, sinalou que a pasada semana se mantivo unha reunión e que está prevista outra xuntanza. “Temos a confianza de poder pechar algunha ruta máis para o outono”, asegurou.

A portavoz do Goberno local destacou tamén o traballo desenvolvido nos últimos meses para garantir unha mellor situación do aeroporto durante o verán. Louzao recoñeceu que o contexto foi “complicado” e que existe unha situación internacional “adversa”, mais afirmou que houbo “moito traballo detrás” para acadar unha evolución favorable de cara á actual tempada turística.

A concelleira volveu dirixir críticas á Xunta de Galicia pola falta de implicación que, segundo o Goberno local, está a manter na planificación aeroportuaria. Louzao insistiu en que o Concello continúa desenvolvendo estas xestións de maneira “solitaria” e reiterou a petición ao Executivo autonómico para que asuma o liderado da política aeroportuaria galega.

En relación con Ryanair, a portavoz municipal confirmou que seguen abertas as conversas coa compañía. O Goberno compostelán confía en que o vindeiro ano poida incrementarse o número de rutas, aínda que Louzao matizou que esta posibilidade dependerá da política de cada operadora, da situación existente e da dispoñibilidade de avións.

ÚLTIMAS

A USC lanza un plan para aliviar a presión da vivenda universitaria en Santiago e Lugo

A Universidade de Santiago de Compostela presentou este venres o seu novo Plan Social...

800 usuarios afectados por cortes de luz en Santiago e Ames

Uns 800 usuarios víronse afectados esta mañá de venres por cortes da luz debido...

Desarticulado en Santiago un clan familiar que vendía droga nunha vivenda blindada con reixas e unha xanela para entregar doses

A redada antidroga levada a cabo pola Policía Nacional o pasado 15 de xullo...

Dúas gasolineiras en Santiago entre as máis baratas na AP-9 en período vacacional xunto a outra de Ferrol

A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) realizou un estudo sobre as gasolineiras máis...

Dúas gasolineiras en Santiago entre as máis baratas na AP-9 en período vacacional xunto a outra de Ferrol

A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) realizou un estudo sobre as gasolineiras máis...

Persoal do transporte de mercadorías reclama un “convenio provincial digno” en Santiago

Persoal do transporte de mercadorías por estrada, convocado polos sindicatos CCOO, CIG e UGT,...

Crujeiras aposta por unha alianza estratéxica co empresariado para o impulso de Galicia

A reitora da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Rosa Crujeiras, fixo un chamamento...