InicioECONOMÍAO Pleno de Santiago debate o "abuso do contrato menor" e atrasos...

O Pleno de Santiago debate o “abuso do contrato menor” e atrasos de dous anos no pago a provedores

A débeda ascendía a 1,3 millóns de euros e incluía 26 facturas de Viaqua que se arrastraban desde xullo de 2021

Publicado o

Xornal de Compostela

O Pleno municipal de Santiago rexeitou o expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito que permitiría o pago de 119 facturas pendentes, 26 delas correspondentes a unha débeda do contrato do lixo con Viaqua. A proposta contou cos votos a favor do BNG, Compostela Aberta e PSOE, o voto en contra do Grupo Municipal Popular e a abstención das concelleiras non adscritas.

O concelleiro de Facenda, Manuel César Vila, explicou que o expediente sumaba 1.358.975,85 euros de débeda a 65 provedores. Destacou as 26 facturas de Viaqua, por valor de 992.395,30 euros, correspondentes ao cobro da taxa do lixo, un contrato finalizado en 2019 e cuxas facturas deixaron de pagarse en xullo de 2021.

A edil socialista Marta Abal felicitou ao goberno por “desbloquear” o pago das facturas de Viaqua, pero reiterou a necesidade de “cambiar o sistema de recadación”. O portavoz das non adscritas, Gonzalo Muíños, criticou que, a finais de 2025, se sigan abonando facturas de anos anteriores, o que mostra un mal “modelo de contabilidade” e un “abuso do contrato menor”.

Pola súa banda, a concelleira popular Rosario Ferreiro mostrou a súa sorpresa por ver facturas de 2023 e 2024, e puxo en dúbida a legalidade das facturas de Viaqua. A alcaldesa pediu finalmente aos grupos que fosen “responsables” coas empresas e os veciños que están á espera de cobrar, lamentando que a oposición se opuxese ao pago cun expediente con todos os informes pertinentes.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...