InicioECONOMÍAA USC comprométese a asumir o pago das cotas patronais do persoal...

A USC comprométese a asumir o pago das cotas patronais do persoal dos programas Margarita Salgas e María Zambrano

O acordo coa CIG prevé tres prazos entre 2026 e 2027 e queda pendente calcular os xuros

Publicado o

Xornal de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela aceptou asumir o aboamento das cotas patronais da Seguridade Social descontadas de maneira indebida ao persoal contratado ao abeiro dos programas ‘Margarita Salgas’ e ‘María Zambrano. Así o confirmou a CIG-Ensino, que vén de pechar un acordo coa institución académica após a sentenza do Tribunal Supremo que ratifica que as universidades públicas galegas aplicaron estes descontos de forma incorrecta.

Segundo explicou o sindicato, na reunión mantida a pasada semana co reitor da USC, Antonio López, a representación laboral conseguiu que a universidade compostelá se comprometa a pagar as cantidades pendentes en canto dispoña da autorización da Xunta, requisito necesario para formalizar o desembolso. Desde a CIG apuntan que o reitor trasladou a súa disposición a desbloquear o proceso unha vez se conte con ese aval administrativo.

O entendemento inclúe tamén un calendario para recuperar as contías: o persoal afectado recibirán o importe en tres prazos, repartidos en dous pagamentos ao longo de 2026 e un terceiro no ano 2027. Este esquema, segundo o sindicato, facilitará a regularización sen atrasos adicionais unha vez se active o procedemento.

En paralelo, a organización sindical advertiu de que a débeda correspondente aos xuros continúa en negociación, mais destacou que esta cuestión non impediu avanzar no acordo principal coa USC. A CIG valorou que este primeiro paso garante unha vía de solución para todo o persoal dependente destes programas estatais que desenvolve o seu traballo nos campus composteláns.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...