InicioECONOMÍASantiago lidera, xunto con Ferrol, o crecemento de afiliadas á Seguridade Social...

Santiago lidera, xunto con Ferrol, o crecemento de afiliadas á Seguridade Social do mes de marzo

A cidade rexistra un incremento notable de afiliados, segundo datos do Instituto Galego de Estatística

Publicado o

Xornal de Compostela

En marzo de 2024, Santiago destacou por experimentar un notable crecemento nas afiliacións á Seguridade Social. Segundo o último informe publicado polo Instituto Galego de Estatística, a capital galega rexistrou un aumento interanual do 2,9%, alcanzando un total de 40.491 persoas afiliadas.

Este aumento coloca a Santiago só por detrás de Ferrol en termos de crecemento porcentual entre as sete cidades galegas, destacando nun contexto onde as sete cidades rexistraron incrementos. Ademais, Compostela tamén liderou o crecemento mensual, cun aumento do 1,5% nas afiliacións entre febreiro e marzo, o que reflicte unha tendencia ascendente na creación de emprego na cidade.

A nivel global, Galicia tamén experimentou un crecemento sostido nas afiliacións á Seguridade Social, cunhs cifra de 1.063.271 en marzo de 2024, o que representa un aumento do 1% en comparación co mes anterior e un 2,1% en comparación co mesmo mes do ano anterior. Este dato resalta a recuperación e o fortalecemento do mercado laboral na rexión, cun incremento no número de persoas en alta laboral de 1.001.995, o que significa un aumento do 0,9% respecto a febreiro e un 1,9% respecto a marzo de 2023. A análise demográfica mostrou que por cada 100 menores de 40 anos en Galicia, hai 224 traballadores maiores desa idade, sinalando un envellecemento da forza laboral que contrasta co dinamismo en certas áreas como Santiago.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...