InicioECONOMÍAA Xunta levará a Nova York o proxecto ‘Galicia Spa Pilgrimage’ para...

A Xunta levará a Nova York o proxecto ‘Galicia Spa Pilgrimage’ para promover o turismo de saúde vinculado ao Camiño

A iniciativa presentarase ante operadores norteamericanos en novembro e busca desestacionalizar o sector combinando termalismo, natureza e espiritualidade

Publicado o

Xornal de Compostela

O proxecto ‘Galicia Spa Pilgrimage’, impulsado pola Xunta de Galicia, será presentado o próximo mes de novembro en Nova York ante axencias e operadores turísticos, nun acto organizado por Turespaña. A iniciativa pretende posicionar o termalismo galego como produto internacional ligado ao Camiño de Santiago, combinando saúde, benestar e espiritualidade para atraer visitantes fóra das tempadas altas.

A proposta, integrada no Plan de Turismo Termal de Galicia, busca conectar os recursos termais coas rutas xacobeas mediante paquetes que inclúan etapas do Camiño, experiencias de relax e estancias en establecementos especializados. O obxectivo é consolidar a presenza deste tipo de oferta nos programas de viaxes do mercado norteamericano, aproveitando tamén a liña aérea directa entre Santiago e Nova York.

Este venres celebrouse no Hotel Louxo da Illa da Toxa unha reunión entre o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e representantes do sector termal galego, na que se avanzou na preparación do proxecto. Durante o encontro, Merelles subliñou que a combinación de termalismo e Camiño de Santiago “representa unha oportunidade estratéxica para diversificar o turismo, atraer novos perfís de visitantes e xerar actividade económica durante todo o ano”.

O responsable autonómico engadiu que este tipo de propostas “reforzan a imaxe de Galicia como destino sustentable, saudable e competitivo, apostando por un modelo que combina tradición, innovación e calidade”.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

A USC lanza un plan para aliviar a presión da vivenda universitaria en Santiago e Lugo

A Universidade de Santiago de Compostela presentou este venres o seu novo Plan Social...

Dúas gasolineiras en Santiago entre as máis baratas na AP-9 en período vacacional xunto a outra de Ferrol

A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) realizou un estudo sobre as gasolineiras máis...

Persoal do transporte de mercadorías reclama un “convenio provincial digno” en Santiago

Persoal do transporte de mercadorías por estrada, convocado polos sindicatos CCOO, CIG e UGT,...