InicioECONOMÍAGoretti Sanmartín pide á Xunta que destine a vivenda pública en Santiago...

Goretti Sanmartín pide á Xunta que destine a vivenda pública en Santiago ao aluguer e non á venda

A alcaldesa lembra que o Concello xa cedeu tres parcelas e ofrece dúas máis, insistindo en que a promoción pública debe manter a titularidade pública

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, reclamou este xoves á Xunta de Galicia que as parcelas cedidas polo Concello para a construción de vivenda pública se destinen en exclusiva ao aluguer e non á venda. A rexedora lembrou que o goberno local xa entregou tres parcelas e ofreceu outras dúas, pero subliñou que “a vivenda de promoción pública debe manter a titularidade pública unha vez construída”.

“Cremos que é fundamental porque, ao final, se se fai unha vivenda pública que se pode vender, deixa de ser pública aínda que se venda a prezo taxado”, afirmou Sanmartín durante unha rolda de prensa. A alcaldesa destacou que das tres primeiras parcelas cedidas, con capacidade para 75 vivendas, non se respectou esta condición, polo que insistiu en priorizar o réxime de aluguer como vía para atender ás 600 persoas inscritas no rexistro único de demandantes de vivenda pública na cidade.

O Concello propuxo, ademais, que a Xunta complemente as novas cesións cun programa autonómico de adquisición e rehabilitación de inmobles destinado tamén a vivenda pública en aluguer, co obxectivo de frear a perda de patrimonio habitacional. “Está ben que se fagan novas vivendas, pero tamén é imperante que se aposte pola rehabilitación”, engadiu a alcaldesa.

A proposta municipal chega despois dunha carta da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, na que a Xunta se interesaba polas parcelas UER5 do SUNP-5 (A Muíña) e PR4 do SUNP-4 (As Cancelas), que permitirían construír 62 e 18 vivendas, respectivamente. Allegue respondeu pedindo que o Concello ceda gratuitamente todas as parcelas “sen condicións”.

Sanmartín considera, con todo, que a etapa actual de elaboración dos orzamentos autonómicos de 2026 é o momento idóneo para que a Xunta incremente o investimento en vivenda pública e rehabilitación en Santiago, atendendo á demanda crecente e garantindo que o patrimonio construído permaneza no dominio público.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...