InicioECONOMÍAO Concello de Santiago elaborará un novo informe para declarar a cidade...

O Concello de Santiago elaborará un novo informe para declarar a cidade zona de mercado residencial tensionado

Míriam Louzao asegura que o Goberno local fará “todo o necesario” para superar os atrancos da Xunta

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago de Compostela prepara un novo informe técnico para solicitar que a cidade sexa declarada zona de mercado residencial tensionado, unha figura recollida na Lei estatal de vivenda que permitiría limitar o prezo dos alugueiros en áreas con alta presión residencial.

A portavoz do Goberno local, Míriam Louzao, confirmou en rolda de prensa que “o Concello fará todo o que sexa necesario para superar os atrancos que está a pór a Xunta” e que a vontade do executivo compostelán é “máxima” para conseguir a declaración.

A decisión chega despois de que a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas desestimase o recurso presentado polo Concello, tras dar por desistida a súa solicitude inicial o pasado agosto. O departamento autonómico argumentara daquela que Raxoi non respondera “de forma válida” ao requirimento de completar a documentación.

En setembro, o Goberno local mantivo unha reunión cos técnicos do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), na que se acordou revisar a memoria xustificativa e o plan de medidas correctoras para adaptalos ás demandas do organismo autonómico. O novo documento incluirá só datos procedentes de fontes oficiais, eliminando os achegados por fontes non oficiais, e ampliará determinadas cuestións “que a lei non pedía”, segundo Louzao.

A portavoz municipal recoñeceu que aínda non se pode determinar o prazo de finalización do informe, xa que “unha vez remitido, será outra administración a que teña que dar resposta”.

Louzao concluíu asegurando que “Santiago xa sería zona tensionada se o PP desde a Xunta non puxese obstáculos, pero seguiremos traballando para que iso sexa unha realidade canto antes”.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

A USC lanza un plan para aliviar a presión da vivenda universitaria en Santiago e Lugo

A Universidade de Santiago de Compostela presentou este venres o seu novo Plan Social...

Dúas gasolineiras en Santiago entre as máis baratas na AP-9 en período vacacional xunto a outra de Ferrol

A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) realizou un estudo sobre as gasolineiras máis...

Persoal do transporte de mercadorías reclama un “convenio provincial digno” en Santiago

Persoal do transporte de mercadorías por estrada, convocado polos sindicatos CCOO, CIG e UGT,...