InicioECONOMÍARaxoi e UPTA explorarán diferentes vías de colaboración para "apoiar" aos traballadores...

Raxoi e UPTA explorarán diferentes vías de colaboración para “apoiar” aos traballadores autónomos

Santiago pechou o mes de marzo con 7.208 traballadores autónomos, 42 máis dos que había no mes de marzo de 2021.

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago e a Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos (UPTA) estudarán posibles vías de colaboración para “apoiar e mellorar” o asesoramento a este colectivo na capital galega. Así o acordaron este venres nunha reunión entre a alcaldesa compostelá, Goretti Sanmartín, a tenienta de alcaldesa e concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, e o presidente de UPTA, Eduardo Abad.

María Rozas explicou que desde o seu departamento avalían “posibles vías de colaboración” con UPTA para asesorar e formar autónomos atendendo tamén a unha perspectiva social xa que “está a crecer sensiblemente” o número de persoas migrantes que son traballadoras por conta propia. Rozas explicou que esta é unha liña de traballo na que “xa están a avanzar”, centrados “especialmente no emprendimiento feminino, verde e social” e cren que as administracións “deben de ir da man de organizacións” como a UPTA.

Santiago, segundo detallou Abad, pechou o mes de marzo con 7.208 traballadores autónomos, 42 máis dos que había no mes de marzo de 2021. Esta “evolución positiva” contrasta cos “datos preocupantes” de Galicia, que no mesmo período de tempo “perdeu case 2.500 autónomos”. No conxunto da comunidade hai 205.085 traballadores por conta propia, fronte ás 207.552 que había en marzo de 2021. Eduardo Abad remarcou que o 40 % dos autónomos de Santiago pertencen aos sectores da hostalaría e o comercio. A continuación, incidiu en que o 20 % dos autónomos composteláns, máis de 1.400, teñen traballadores asalariados.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

A USC lanza un plan para aliviar a presión da vivenda universitaria en Santiago e Lugo

A Universidade de Santiago de Compostela presentou este venres o seu novo Plan Social...

Dúas gasolineiras en Santiago entre as máis baratas na AP-9 en período vacacional xunto a outra de Ferrol

A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) realizou un estudo sobre as gasolineiras máis...

Persoal do transporte de mercadorías reclama un “convenio provincial digno” en Santiago

Persoal do transporte de mercadorías por estrada, convocado polos sindicatos CCOO, CIG e UGT,...