InicioECONOMÍASantiago terá conexión directa con Nova York en maio de 2026 con...

Santiago terá conexión directa con Nova York en maio de 2026 con United Airlines

Publicado o

Xornal de Compostela

O aeroporto de Lavacolla-Rosalía de Castro de Santiago de Compostela contará cunha conexión directa con Nova York, a través da aerolínea United Airlines, que comezará a operar o 28 de maio de 2026 e funcionará tres días á semana.

Tal e como anunciou a compañía estadounidense nas súas redes sociais, a ruta conectará a Santiago co Aeroporto Internacional Liberdade de Newark a partir de maio, coincidindo coa reapertura do aeroporto galego tras o seu peche polas obras previstas — entre o 23 de abril e o 27 de maio de 2026 — na pista.

En concreto, o avión en sentido Nova York sairá de Lavacolla os luns, xoves e sábado ás 10.00 horas; e regresará a Galicia os mércores, venres e domingos ás 19.15 horas. Así, o voo entre Santiago e Nova York realizarase en 7 horas e 50 minutos. En sentido inverso, desde Newark cara a Galicia, completarase en 7 horas. Aena celebrou a través dun comunicado esta novidade, destacando que traballou de forma “incansable nos últimos meses coa compañía aérea estadounidense para lograr este fito”.

“PASO HISTÓRICO” PARA GALICIA

En relación a isto, o Goberno galego indicou que este é “un paso histórico que reforza a posición de Galicia como destino internacional e consolida a planificación do Goberno galego de promoción con Estados Unidos como mercado prioritario”.

Así, a Consellería de Emprego indicou nun comunicado que “en decisión como esta tivo unha impotante contribución a promoción en orixe realizada pola Xunta de Galicia neste mercado que supuxo o alto interese do destino Galicia entre os estadounidenses”.

Segundo indicou a Xunta, Estados Unidos é o primeiro mercado internacional en termos de gasto total en Galicia, cun gasto diario de 296 millóns de euros entre xaneiro e agosto este ano, cun total de 156.149 estadounidenses que visitaron a nosa comunidade nos oito primeiros meses de 2025, un 13,4% máis.

“Esperamos que o Goberno central e AENA traballen para reforzar con outras conexións, nacionais e internacionais o tres aeroportos galegos”, conclúe a Xunta.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

Santiago deberá acudir ao fondo estatal de pago a provedores con 7,79 millóns de euros financiables

O Concello de Santiago de Compostela terá que participar de maneira obrigatoria no fondo...

O turismo que enche Santiago non vén do Camiño: o 77 % dos visitantes non son peregrinos

O 77 % dos turistas que visitan Santiago non son peregrinos, fan un gasto...

María Rozas destaca o labor da Plataforma polo Emprego na inserción laboral de persoas en risco de exclusión

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, participou...