InicioSOCIEDADERaxoi autorizou o ano pasado "máis do dobre" de vivendas en edificios...

Raxoi autorizou o ano pasado “máis do dobre” de vivendas en edificios de nova construción que en 2023

Ata este luns concedéronse licenzas para 83 vivendas en edificios de nova construción

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago de Compostela autorizou o ano pasado a construción de “máis do dobre” de vivendas en edificios de vivenda colectiva de nova construción respecto ao ano 2023, tal e como asegurou este luns o concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás. En concreto, en 2024 foron 189 vivendas deste tipo –89 vivendas de protección autonómica (VPA)–, mentres que en 2023 o total foi de 85 –sendo 32 vivendas de protección autonómica–.

Así o trasladou o edil nunha rolda de prensa na que debullou os datos do consistorio tras a celebración da reunión semanal do goberno local. Neste contexto, detallou que leste mesmo luns a xunta de goberno local concedeu máis 13 autorizacións, sendo en total 83 as licenzas para vivendas en edificios de nova construción –29 de protección autonómica–. “Como vedes, en 2024 autorizouse a construción de moitas máis vivendas en edificios de domicilio colectivo de nova construción que en 2023. E este ano, cando faltan aínda tres meses e medio para que termine 2025, xa autorizamos case tantas como en todo 2023”, valorou o concelleiro.

MÁIS VIVENDAS É “O CAMIÑO”

Neste contexto, o edil asegurou que é “necesario” ampliar a oferta de vivenda protexida na capital galega “a prezos alcanzables”, así mesmo, defendeu que “este é o camiño”. Así mesmo, presentou os datos relativos a vivendas unifamiliares, reformas e ampliacións en edificios existentes. Respecto de cubertas e fachadas para a mellora da eficiencia enerxética, precisou que se concedeu licenza de obra maior para mellorar a envolvente de cinco edificios.

BONIFICACIÓNS TRAS APROBACIÓN DE ORDENANZAS

Outro asunto abordado polo edil foi o aumento do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) a inmobles baleiros, que irá a votación no Pleno municipal. Segundo explicou Lestegás, unha vez aprobada a ordenanza, o Concello terá que elaborar un “censo dos inmobles de carácter permanente en Santiago”. En concreto, adiantou que o consistorio se baseará en indicios de consumo e no padrón de habitantes. Tamén avanzou que as bonificacións previstas na actual ordenanza para vivendas de protección autonómica estenderanse ás vivendas de promoción pública.

É dicir, “todas as vivendas protexidas terán unha bonificación do IBI dun 50 % nos tres primeiros anos e no caso das VPA será do 35 % nos dez anos seguintes, no caso das VPP será do 45 % nos dez anos seguintes”. Tamén no Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICO) estenderase a bonificación dun 50 % da VPA á VPP. Ademais, as obras de especial interese ou de utilidade social terá ata un 95 % de redución.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...