InicioSOCIEDADESantiago adapta o plan de medidas correctoras para cumprir co IGVS

Santiago adapta o plan de medidas correctoras para cumprir co IGVS

O Concello eliminará datos non oficiais e axustará a memoria xustificativa tras a retirada da súa solicitude de zona de mercado residencial tensionado.

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago anunciou que adaptará a memoria xustificativa e o proxecto de plan de medidas correctoras para axustalos ás esixencias do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), eliminando os datos non oficiais que se incluían nos documentos anteriores. Esta decisión prodúcese despois de que a Xunta dera por desistida a solicitude do Concello para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado, debido a que, segundo a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, non se dera “resposta válida” ao requirimento de emenda da documentación.

O IGVS indicou que o Concello debía completar o plan de medidas correctoras porque as incluídas carecían de concreción, xa estaban en execución ou non tiñan calendario claro de aplicación. Tamén solicitou que se elaborase un novo diagnóstico a partir de datos oficiais e que se explicase a proposta de reducir de dez a cinco o número de vivendas que unha persoa debía ter para considerarse “gran posuidor”.

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, reafirmou a intención de que o proceso siga adiante e o Goberno municipal confirmou que presentará un recurso de reposición para retrotraer o procedemento, así como que adaptará a memoria eliminando os datos non oficiais, incorporando as achegas do director xeral do IGVS e concretando mellor o alcance das medidas correctoras propostas. O Concello subliña que cumpre os requisitos para ser declarado zona de mercado residencial tensionado e que o diagnóstico presentado foi recoñecido polo IGVS.

Porén, a Consellería de Vivenda rexeitou validar o documento diagnóstico e insistiu en que se debe presentar unha nova memoria baseada en datos oficiais, xunto cun plan de actuación sometido a información pública, tal como marca a lei. A Xunta recordou que se ofrecera manter unha reunión previa á entrega do requirimento para facilitar o proceso, pero que isto non se aproveitou.

ÚLTIMAS

Rafael Louzán e Luís de la Fuente ofrecerán a Copa do Mundo ao Apóstolo Santiago este xoves

Compostela acollerá mañá xoves unha serie de actos arredor da Copa do Mundo de...

Unha vaga de falsas ameazas de bomba obriga a desaloxar tres institutos de Santiago e centros da comarca

Tres institutos de Santiago de Compostela tiveron que activar este mércores os seus protocolos...

Santiago acenderá o Nadal o 1 de decembro cunha festa participativa no Obradoiro e máis dun mes de actividades

O Concello de Santiago de Compostela presentou este mércores un avance da programación de...

O comité de Tralusa e delegados de Aulusa denuncian “escurantismo” sobre o contrato de transporte urbano de Santiago

O novo contrato do transporte urbano de Santiago de Compostela comeza a xerar preocupación...

Fly2Galicia asegura que están garantidos os voos a partir do 1 de decembro cun único avión de White Airways

A turoperadora Fly2Galicia asegura que manterá a programación de voos chárter desde o aeroporto...

Santiago multiplica os visados para construír vivendas: un crecemento do 405 % en nove meses

O visado de novas vivendas para construír en Santiago de Compostela disparouse un 405...