InicioECONOMÍAA Xunta executará unha senda peonil en Boqueixón entre Sergude e Rodiño

A Xunta executará unha senda peonil en Boqueixón entre Sergude e Rodiño

O itinerario, de 1,3 quilómetros, prevé licitarse en 2026 cun investimento de 750.000 euros

Publicado o

Xornal de Compostela

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, anunciou a construción dunha nova senda peonil no municipio de Boqueixón, concretamente no tramo da estrada AC-960 que une Sergude e Rodiño. O proxecto contará cun investimento próximo aos 750.000 euros e ten como obxectivo reforzar a seguridade viaria dos usuarios máis vulnerables, como peóns e ciclistas.

Segundo informou o Concello, a redacción do proxecto está prevista para o outono deste ano, co fin de que as obras poidan licitarse ao longo de 2026. O novo itinerario terá unha lonxitude de 1,3 quilómetros e permitirá conectar estas dúas localidades pola marxe da estrada autonómica.

Allegue destacou que “a Xunta continúa recuperando espazos para as persoas, para que poidan transitar de forma segura; e conectando o noso territorio baixo a marca da mobilidade sustentable e segura”. Esta actuación engádese aos 1,8 quilómetros de sendas xa executados na mesma estrada AC-960, no tramo que comunica A Susana co polígono industrial e A Eirexe.

ÚLTIMAS

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

A nova EDAR da Silvouta avanza na súa posta en marcha coa activación progresiva dos sistemas de tratamento

A nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) da Silvouta, en Santiago de Compostela,...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

O PSOE pide ao Concello que concrete os cambios nas liñas do rural tras desbloquearse o novo contrato de transporte

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que aproveite o desbloqueo...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...