InicioECONOMÍAAdxudicada á empresa OHLA a construción do futuro edificio de Farmacia da...

Adxudicada á empresa OHLA a construción do futuro edificio de Farmacia da USC

Custará 23,43 millóns de euros.

Publicado o

Xornal de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) adxudicou a construción do futuro edificio que albergará a Facultade de Farmacia –parte do futuro Centro de Ciencias da Saúde– á empresa Obrascon Huarte Laín S.A. (OLA, antes OHL), tras a revisión das propostas recibidas para a convocatoria iniciada en febreiro. Así o decidiu esta semana nunha mesa de contratación celebrada o venres, segundo informou a USC. A proposta mellor valorado presentou un orzamento por un valor de 23,43 millóns de euros, IVE incluído.

Esta primeira fase do Centro de Ciencias da Saúde, que se executará en 22 semanas, contempla a construción dun centro que albergará biblioteca e sala de estudo con 410 prazas, 21 aulas para docencia teórica, 17 laboratorios de prácticas, aulas de informática, zona de cultivos e sala de conxeladores, ademais dunha zona de convivencia para o estudiantado e espazos administrativos e de goberno. O proxecto presenta un deseño innovador tanto na arquitectura como en materia de instalacións, cunha funcionalidade dos espazos pensada tanto para as necesidades de docencia da Facultade como para ser adaptados as posibles necesidades futuras.

ÚLTIMAS

A acampada de Santiago pola vivenda mantense pese ao mal tempo “ata que haxa cambios reais”: “Como bos galegos, non nos para a choiva”

A acampada pola vivenda instalada na Praza do Obradoiro de Santiago continuará de xeito...

Os Roteiros Saudables da AECC regresan a Santiago con andainas quincenais para combater o sedentarismo

O programa Roteiros Saudables da Asociación Española contra o Cancro (AECC) regresará a Santiago...

O PSOE urxe o Goberno de Santiago a completar o censo de vivendas baleiras e mobilizalas

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclamou ao Goberno local que complete o censo...

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

A mercería Algui e a Asociación Compostelá de Diabetes protagonizan en outubro ’12 Comercios, 12 Sensibilidades’

A campaña municipal '12 Comercios, 12 Sensibilidades' dedicará o mes de outubro á colaboración...

A CIG reclama ao Concello que rescinda o contrato do SAF e asuma directamente o servizo

A CIG reclamou ao Concello de Santiago a rescisión inmediata do contrato coa empresa...

Wizz Air abrirá en decembro a súa base en Santiago cun avión permanente e sete rutas

Wizz Air porá en funcionamento o próximo 17 de decembro a súa nova base...