InicioECONOMÍAO Concello solicitará á 2,6 millóns de euros para cofinanciar os servizos...

O Concello solicitará á 2,6 millóns de euros para cofinanciar os servizos sociais comunitarios

A maior parte destes recursos que destina o Goberno local son para cubrir o Seervizo de Axuda no Fogar

Publicado o

Xornal de Compostela

O goberno local compostelán acodou hoxe solicitar á Xunta de Galicia unha achega de 2,6 millóns de euros para contribuír ao financiamento dos servizos sociais comunitarios da cidade, servizos aos que o propio Concello destina 3,5 millóns de euros. A maior parte destes recursos está destinada ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

Segundo un comunicado do Concello, a solicitude feita á Xunta busca obter unha achega específica de 2.621.742,96 euros para os servizos sociais comunitarios básicos, dentro dun orzamento global de 6.265.725,86 euros.

Deste xeito, o Concello comprométese a contribuír con 3.597.840,90 euros, o que representa un 57,42% do custo total do proxecto. Comparativamente, en 2023, a contribución municipal foi de 46,47%, equivalente a 2.167.200,13 euros dun total de 4.664.032,20 euros.

Da cantidade solicitada á Xunta, 2.243.002 euros serán destinados especificamente ao SAF, mentres que o Concello achegará 3.010.673,21 euros a este servizo durante o ano. Isto supón un aumento de 54.140 euros na subvención autonómica e de 1.519.187,13 euros na contribución municipal para o SAF en comparación co ano anterior.

A maiores do SAF, os fondos da Xunta tamén se destinarán a cubrir gastos de persoal e ao fortalecemento dos equipos de traballo con infancia e familias.

Adicionalmente, o Concello aprobou a realización de obras para mellorar o pavimento da Praza Nosa Mercé de Conxo e iniciou os trámites para organizar unha nova edición da Festa dos Maiores, que se celebrará, como é tradición, durante as Festas da Ascensión.

No caso do pavimento de Conxo, o contrato foi outorgado á empresa Francisco Gómez e Cía SL por un valor de 111.522 euros (92.166,94 euros sen IVE), respondendo ás demandas de mellora por parte dos veciños da zona.

FESTA DOS MAIORES

Tamén se aprobou hoxe a contratación para a Festa dos Maiores dos anos 2024 e 2025, cun orzamento de 99.792,00 euros (90.720,00 euros máis IVE de 9.072,00 euros).

O Concello de Santiago ten por costume celebrar esta festa nas instalacións do Recinto Feiral de Amio, ofrecendo un almorzo comunitario seguido de música e baile para promover a convivencia entre as persoas maiores das diferentes parroquias e lugares do municipio durante as Festas da Ascensión.

OUTROS ASUNTOS

Asimesmo, deuse tamén o visto bo ao proxecto técnico para a renovación da iluminación e do peche perimetral sueste do campo de fútbol municipal das Cancelas, cun orzamento de 184.314,92 euros máis IVE e un prazo de execución previsto de seis semanas.

Igualmente, o Concello decidiu adxudicar o contrato para a subministración de equipos de protección persoal (chaquetones e cubrepantalones con arnés) para o Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento a Axaton SL, por un importe de 129.240,10 euros (106.810,00 euros máis IVE de 22.430,10 euros).

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...