InicioECONOMÍAGoretti Sanmartín defende un novo modelo económico baseado no benestar e a...

Goretti Sanmartín defende un novo modelo económico baseado no benestar e a sustentabilidade

A alcaldesa participou na clausura da xornada 'Galicia cara ao futuro', onde puxo en valor o compromiso do seu goberno coa transformación verde e dixital

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, reivindicou o papel do seu goberno local como exemplo de políticas públicas centradas no benestar cidadán e na protección do medio natural, durante a clausura da xornada Galicia cara ao futuro, organizada por Europa Press co apoio de empresas como Endesa, Naturgy, DIGI, Fujitsu, Grant Thornton e Reganosa.

Durante o acto, celebrado este luns, a rexedora compostelá fixo un chamamento a aproveitar o potencial de Galicia para avanzar cara a un novo modelo económico e enerxético, que aposte pola transformación dixital sen deixar de lado os valores ambientais. Na súa intervención, Sanmartín fixo un símil coa navegación en vela para subliñar que a transición debe realizarse de maneira xusta: “non se pode deixar a ninguén atrás”, advertiu, rexeitando que sexan unicamente os criterios económicos os que marquen o rumbo.

A alcaldesa sinalou que Galicia é hoxe un “refuxio climático” que cómpre conservar, polo que pediu modernizarse sen complexos e con ferramentas adaptadas ao territorio. Neste sentido, puxo como exemplo ao propio Concello de Santiago, que definiu como “un aliado” para avanzar cara a ese cambio de paradigma, destacando o compromiso do executivo local cos veciños, as empresas, a universidade e o tecido social.

Sanmartín agradeceu a existencia de espazos como este foro, que permiten artellar discursos compartidos arredor dos grandes desafíos de país, e animou a sumar esforzos para facer realidade os obxectivos da axenda verde e dixital. “Precisamos máis voces que enriquezan o debate e que contribúan a diversificar a economía”, sinalou.

Finalmente, a alcaldesa compostelá animou os asistentes a comprobar por si mesmos a diversidade cultural de Santiago, como mostra da riqueza e pluralidade da cidade, e como base para construír un futuro sostible e integrador.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...