InicioECONOMÍAO aeroporto de Santiago reduce en abril case un 17% o número...

O aeroporto de Santiago reduce en abril case un 17% o número de pasaxeiros

Lavacolla rexistra a peor evolución entre os tres aeroportos galegos, namentres A Coruña experimenta un aumento e Vigo cae en menor medida

Publicado o

Xornal de Compostela

O aeroporto de Santiago de Compostela contabilizou un total de 284.639 pasaxeiros durante o mes de abril, segundo os datos publicados este xoves pola empresa pública Aena, o que supón unha caída do 16,8 % respecto ao mesmo mes de 2024. Este descenso convértese no máis acusado dos tres aeroportos galegos e contrasta coa evolución positiva rexistrada noutros puntos da comunidade.

No conxunto do primeiro cuadrimestre do ano, a terminal compostelá supera os 900.000 viaxeiros, unha cifra que, malia o retroceso de abril, mantén un volume elevado de tránsito acumulado. O dato negativo deste último mes atribúese en parte ao cambio de datas da Semana Santa, que este ano se celebrou en marzo, mentres que en 2024 coincidiu con abril, afectando así á comparativa interanual.

En canto ao resto de aeroportos galegos, Peinador (Vigo) rexistrou unha baixada do 5,7 %, con 86.442 pasaxeiros, e Alvedro (A Coruña) acadou un incremento do 5,5 %, ata sumar 106.924 viaxeiros no mesmo período. Este último dato foi subliñado por Aena como unha evolución destacada dentro da rede galega.

A nivel estatal, os aeroportos da rede de Aena en España contabilizaron máis de 27,2 millóns de pasaxeiros en abril, o que supón un aumento do 6,3 % respecto ao ano anterior. Entre os aeroportos con maior tráfico destacan Madrid-Barajas, con case 5,6 millóns, e Barcelona-El Prat, con preto de 4,9 millóns de viaxeiros.

O complexo aeroportuario de Santiago forma parte dos 46 aeroportos e dous heliportos que Aena xestiona no Estado, ademais de operacións internacionais en Reino Unido e Brasil. No global do sistema, o primeiro cuadrimestre do ano deixou máis de 110,6 millóns de pasaxeiros, cun incremento xeral do 5,3 %, a pesar das caídas rexistradas nalgunhas infraestruturas como a compostelá.

Lavacolla, que adoita ocupar a primeira posición entre os aeroportos galegos en número de usuarios, afronta así o segundo trimestre con perspectivas de recuperación, aínda que sen cifras que permitan prever unha tendencia clara a curto prazo.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda comeza a desmontarse no Obradoiro

A acampada pola vivenda de Santiago de Compostela iniciou a recollida e reorganización do...

Denuncian no Obradoiro que a Policía acurralou e golpeou manifestantes tras a marcha do 11N

Unha trintena de persoas concentrouse este sábado na praza do Obradoiro, en Santiago de...

Feijóo promete en Santiago que “non volverá haber corrupción” se goberna o PP en España

Alberto Núñez Feijóo comprometeuse este sábado no Multiusos Fontes do Sar a impulsar a construción...

O PSdeG apela ao voto útil nun encontro con cargos públicos da comarca de Santiago

Os candidatos socialistas Sindo Guinarte e Ana Alvite reuníronse este sábado con cargos públicos...

Mercedes Rosón propón un fondo municipal de capital risco para apoiar as empresas de Santiago

A candidata das Non Adscritas á Alcaldía de Santiago, Mercedes Rosón, avanzou este sábado...

O sector asegurador reúne en Santiago a 400 profesionais para abordar os retos da dixitalización e da substitución xeracional

Compostela acolleu este xoves o XII Encontro Asegurador Galego, unha cita que reuniu arredor...

COGAMI forma en Santiago a 15 persoas de nove concellos para facilitar a súa incorporación ao mercado laboral

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) iniciou en Santiago unha nova acción...