InicioECONOMÍALouzao confía na aprobación dos orzamentos e espera "responsabilidade e altura de...

Louzao confía na aprobación dos orzamentos e espera “responsabilidade e altura de miras”

Non entra a valorar a crise interna do grupo socialista

Publicado o

Xornal de Compostela

A portavoz do goberno local de Santiago, Míriam Louzao, mostrou a súa confianza en que o proxecto de orzamentos para este ano será aprobado e asegurou “estar segura” de que haberá “responsabilidade e altura de miras” cos veciños de Compostela. Ante as preguntas dos medios este luns pola situación interna do Grupo Municipal Socialista, no que catro concelleiros foron expulsados, Louzao incidiu en que o Executivo local “non quere entrar a valorar a vida interna das organizacións políticas” e insistiu en que se chegou a un acordo con todo o grupo municipal. “Estamos seguros de que haberá responsabilidade e altura de miras cos veciños dun concello que necesita ter aprobados os orzamentos canto antes para poder seguir con normalidade, iso é o que esperamos”, aseverou.

PARCELA PELETEIRO

Noutra orde de cousas, Louzao valorou as declaracións do líder do PP local, Borja Verea, nunha entrevista na Cadena SER, sobre o acordo coa propiedade da parcela de Peleteiro, a Sociedade de Xestión de Activos procedentes da Reestruturación Bancaria (Sareb), para priorizar o uso residencial e destinar o 45 % a vivenda protexida. Neste sentido, a portavoz do goberno local asegurou que Verea “está a faltar á verdade porque reduce un proxecto ao dicir que só se vai a facer vivenda”. “En todo caso, que haxa vivenda é unha das cuestións que máis preocupa á cidadanía nestes momentos, lamentamos que o señor Verea non comparta esa apreciación con absolutamente todo o resto da cidadanía de Compostela”, esgrimiu.

ÚLTIMAS

Santiago celebra o primeiro salón galego do videoxogo con máis de cincuenta proxectos e récord de participación

O Palacio de Congresos de Santiago acolleu esta fin de semana o Píxel á...

O Compos deixa escapar a vitoria en Vilalba cun penalti no tempo engadido

A SD Compostela non puido sumar unha nova vitoria no seu desprazamento a Vilalba,...

A veciñanza de San Lourenzo denuncia que tras a apertura da Sala Malatesta regresaron “os problemas de sempre”

A reapertura da Sala Malatesta, na rúa de San Lourenzo, volveu espertar o malestar...

Borja Verea acusa o goberno de Goretti Sanmartín de “neglixencia” e de poñer “en risco a vida dos santiagueses”

O portavoz do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, lanzou unha dura crítica contra...

Valedora do Pobo emite 608 resolucións en 2024 e obtén un 80 % de respostas positivas

A Valedora do Pobo, María Dores Fernández Galiño, formulou en 2024 un total de...

Goretti celebra o acordo sobre Medicina: “Canto máis forte sexa o sistema universitario galego, mellor para a docencia”

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, celebrou o acordo entre a Xunta e as...

Acordo histórico entre Xunta e universidades: Santiago seguirá tendo a única facultade de Medicina

A Xunta de Galicia e os reitores das tres universidades galegas alcanzaron un preacordo...