InicioSOCIEDADERaxoi avanza no borrador da taxa turística, que quere trasladar ao sector...

Raxoi avanza no borrador da taxa turística, que quere trasladar ao sector en próximas semanas

Entre as cuestións que se están pechando inclúense aspectos como a periodicidade das autoliquidacións ou a composición da comisión municipal de asesoramento e seguimento da implementación deste imposto.

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, acompañada pola concelleira de Turismo, Míriam Louzao, e polo concelleiro de Facenda, Manuel César, mantivo unha reunión co equipo da USC co que o Concello traballa na elaboración da ordenanza do imposto sobre estancias turísticas. O obxectivo, detallou o consistorio municipal, é presentarlle un texto “o máis pechado posible” ás asociacións do sector turístico nas próximas semanas.

Así, na reunión celebrada en Raxoi analizaron un primeiro borrador elaborado polo catedrático en Dereito Financeiro e Tributario César García Novoa sobre o que traballará conxuntamente con persoal municipal de Tesouraría. Entre as cuestións que se están pechando inclúense aspectos como a periodicidade das autoliquidacións ou a composición da comisión municipal de asesoramento e seguimento da implementación deste imposto. A colaboración entre a USC e o Concello forma parte do convenio para a consecución dun Pacto Local por un Turismo Sustentable, asinado no marco do Plan de sustentabilidade turística que se desenvolve en colaboración coa Xunta e o Ministerio de Industria e Turismo.

ÚLTIMAS

Os novos contratos de alugueiro en Santiago non poderán subir o prezo coa declaración de zona tensionada

O concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica, Iago Lestegás, explicou tras a Xunta...

A carreira SantYago 10K reunirá ata 2.000 participantes o 30 de maio nun percorrido nocturno por Santiago

A cidade de Santiago acollerá o vindeiro 30 de maio unha nova edición da...

Verea denuncia atrasos nos pagos do Concello e propón reducir o prazo medio en 30 días no primeiro ano

O portavoz do Partido Popular en Santiago, Borja Verea, advertiu este luns sobre o...

Muíños denuncia atrasos e deficiencias nas obras da DP-7804 e na senda de Figueiras

O concelleiro non adscrito Gonzalo Muíños advertiu das queixas reiteradas da veciñanza ante o...

Os novos contratos de alugueiro en Santiago non poderán subir o prezo coa declaración de zona tensionada

O concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica, Iago Lestegás, explicou tras a Xunta...

Verea denuncia atrasos nos pagos do Concello e propón reducir o prazo medio en 30 días no primeiro ano

O portavoz do Partido Popular en Santiago, Borja Verea, advertiu este luns sobre o...

Santiago é declarada zona de mercado residencial tensionado

Fontes da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas confirmaron que o Goberno galego...