InicioECONOMÍAO Arcebispado de Santiago aproba o orzamento para 2025 e prevé que...

O Arcebispado de Santiago aproba o orzamento para 2025 e prevé que os fieis lle doen un 31% máis que este ano

Publicado o

Xornal de Compostela

¡O Arcebispado de Santiago aprobou o orzamento para 2025 que ascende a máis de 25 millóns de euros e prevé que os fieis lle doen un 31% máis que en 2024. O orzamento, aprobado no Consello de Asuntos Económicos da Diocese que estivo presidido polo arcebispo, Franciso Prieto, proxecta a “consolidación da Diocese” á situación de prepandemia.

Desta forma, prevén un incremento do 31,11% nas achegas dos fieis respecto a 2024, representando case o 40% dos recursos. Ademais, observan un aumento do 6,47% nas doazóns do Fondo Común Interdiocesano, o que supón case un 30% dos recursos.

En canto aos ingresos de patrimonio, proxéctase unha redución mínima do -1,49% debido ao axuste en ingresos financeiros e un aumento significativo de máis do 60% nas subvencións. Así mesmo, esperan un incremento do 74,97% na axuda á Igrexa Universal e un 52,29% en Actividades Pastorais. Por outra banda, estiman un aumento do 188,45% en gastos extraordinarios relacionados con programas de rehabilitación e conservación de edificios.

CONVENIO CONCELLO DE AMES

Por outra banda, este xoves o alcalde de Ames, Blas García, e o arcebispo de Santiago asinaron un protocolo xeral de actuacións para regularizar a situación física e xurídica de varios inmobles e para optimizar o seu aproveitamento para unha mellor satisfacción dos obxectivos de promoción cultural, deportiva e relixiosa.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...