InicioCULTURAO festival Maré pecha a súa quinta edición con máis de 10.000...

O festival Maré pecha a súa quinta edición con máis de 10.000 asistentes e cun cartel “diverso e internacional”

Entre os participantes, voces de Alemaña, Angola, Brasil, Estonia, México, Mozambique, Palestina e Portugal, ademais doutras de Cataluña, Valencia ou Galicia

Publicado o

Xornal de Compostela

O festival de músicas e artes atlánticas Maré pechou a súa quinta edición cun balance “positivo”, nun ano no que logrou reunir en Santiago a máis de 10.000 espectadores cun cartel “diverso e internacional”. Entre os participantes, voces de Alemaña, Angola, Brasil, Estonia, México, Mozambique, Palestina e Portugal, ademais doutras de Cataluña, Valencia ou Galicia.

A organización sinalou nunha nota de prensa que este ano cumpriron os seus obxectivos, como a posta en valor do talento musical “autóctono”, a colaboración entre artistas locais e internacionais ou a consolidación de Compostela como capital “de referencia” para as diversidades musicais atlánticas. Outras das metas eran lograr a integración da programación nas dinámicas sociais e culturais da cidade, así como a participación do activismo social ao apoiar iniciativas en favor do pacifismo o feminismo, a diversidade sexual ou a sustentabilidade.

Neste sentido, a organización fixo fincapé nalgúns exemplos respecto da creación de sinerxías artísticas, como o proxecto conxunto de Sumrrá con Niño de Elche, que “fusiona concepcións e xéneros artísticos distintos”. Mentres que no ámbito do activismo resaltou a participación da Al Ázar, formación que mestura as influencias musicais da palestina Rawan, do boliviano El Zuri e do alemán Tony.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...