InicioCULTURARegresan as 'Noites Alternas' cunha trintena de actividades para a mocidade: obradoiros...

Regresan as ‘Noites Alternas’ cunha trintena de actividades para a mocidade: obradoiros de Kombucha, break dance, cociña ou serigrafía

Regresan o vindeiro xoves á capital galega e estenderase ata finais de novembro cunha trintena de actividades diferentes para mozas de entre 16 e 35 anos.

Publicado o

Xornal de Compostela

O programa de lecer nocturno alternativo do Concello de Santiago ‘Noites Alternas’, que impulsa en colaboración coa Asociación Cultural e Xuvenil Itacaregresa o vindeiro xoves á capital galega e estenderase ata finais de novembro cunha trintena de actividades diferentes para mozas de entre 16 e 35 anos.

As actividades serán na sede da Asociación Cultural, no local das Brañas de Andrés, no Centro Xove da Almáciga, nas instalacións de Circonove nas Cancelas, ou na sede da Asociación Break Inclán, na rúa Nova de abaixo. As inscricións para participar deben facerse desde o luns da semana na que se vai a desenvolver a actividade a través dun formulario que se pode atopar na web de Ítaca.

O programa comezará esta semana, con obradoiros de elaboración de Kombucha, percusión africana e iniciación ao Break Dance o xoves; e cunha ruta guiada por Clara Torrens e Borja Etxebarría e con obradoiros de cociña, percusión e serígrafía, o venres. Ademais, nas próximas semanas, haberá obradoiros de cociña, música, creación de contidos dixitais, ou artesanía. Tamén están previstas rutas pola cidade, xogos de rúa, ou actividades relacionadas cos xogos de mesa.

SPECIAL OLYMPICS GALICIA

Doutra banda, a edil de Deportes, Pilar Lueiro, presentou este martes a 12ª Marcha Ciclista Unificada para persoas con e sen discapacidade de Special Olympics Galicia. A proba desenvolverase en catro etapas, os días 3, 4, 5 e 6 de outubro, en diferentes puntos de Galicia. A etapa de Santiago celebrarase o vindeiro venres 4 de outubro, cun percorrido polas rúas compostelás que se pechará na Praza do Obradoiro sobre as 14.00 horas.

Esta marcha ciclista chegará a localidades das catro provincias galegas, comezando o 3 de outubro coa primeira etapa polas localidades lucenses de Burela-San Cibrao. Continuará ao día seguinte, o 4 de outubro, en Santiago, o 5 de outubro percorrerá a localidade ourensá do Carballiño e finalizará o día 6 de outubro en Vilagarcía de Arousa.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...