InicioCULTURAO Festival Galicreques estreará unha ducia de espectáculos na súa XXIX edición

O Festival Galicreques estreará unha ducia de espectáculos na súa XXIX edición

O evento celebrarase en Santiago do 12 ao 20 de outubro con propostas nacionais e internacionais

Publicado o

Xornal de Compostela

O XXIX Festival Internacional Galicreques traerá a Santiago de Compostela unha programación destacada, con unha ducia de estreas entre o 12 e o 20 de outubro. Unha das novidades máis esperadas é a coprodución ‘Lémbrame. Spominaj na mnje’, unha homenaxe á memoria que pon en valor o galego e o sorbio, idioma dunha minoría étnica eslava. Esta obra é unha colaboración entre o Centro Dramático Galego, Monicreques Alakrán e o Bautzen Theater de Alemaña, no marco do proxecto Phone.

Entre as estreas tamén se atopa ‘Emotivas’, da compañía galega Titiritres, que abrirá a programación escolar cunha historia sobre a amizade entre tres personaxes: Melancolía, Irritación e Seguridade. Outras propostas inclúen ‘Un gran plan’ de Olga Abad, e dúas pezas das compañías portuguesas ‘As marionetas tambén tém coraçao’ e ‘Portugalidades’, esta última dedicada aos 50 anos da Revolución do 25 de abril.

O festival contará ademais con espectáculos de compañías internacionais provenientes de El Salvador, Arxentina, Colombia, Valencia e Andalucía.

Organizado pola Asociación Cultural Barriga Verde, o Galicreques 2024 conta co apoio do Concello de Santiago, Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, o Instituto Nacional de Artes Escénicas e Musicais (Inaem), Iberescena e a Fundación SGAE.

ÚLTIMAS

Confirmada a sanción de 20.000 euros a Urbaser por incumprimentos do contrato de recollida de lixo

O goberno de Santiago rexeitou o recurso de reposición interposto por Urbaser contra unha...

As Festas do Apóstolo inclúen artistas como Shego, Julian Marley, La Perra Blanco e Eris Mackenzie

Shego, Julian Marley, La Perra Blanco e Eris Mackenzie, son algúns dos artistas que...

Nova agresión a estatua de Moncho Reboiras en Santiago

A estatua de Moncho Reboiras, que o Concello de Santiago situou na rúa Carreira...

Sanmartín anuncia a recpeción das obras no Pazo de Raxoi que contará con visitas guiadas para o outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, anunciou que a Xunta de Goberno Local aprobará...

Dolores Vilavedra toma posesión como presidenta do Consello da Cultura Galega e marca como reto reforzar os dereitos culturais

Dolores Vilavedra tomou posesión este venres como nova presidenta do Consello da Cultura Galega...

Carlangas presentará no ‘Atardecer no Gaiás’ o seu terceiro disco en solitario

Carlangas inaugura este xoves, ás 20.00 horas, unha nova edición de 'Atardecer no Gaiás',...

Sanmartín destaca a proxección internacional do Premio Compostela para Álbums Ilustrados, que recibe 265 obras de diferentes países

O XIX Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados xa ten obra gañadora. A alcaldesa...