InicioCULTURA'Cidade Imaxinaria' trae este sábado ao Gaiás a preto dun cento de...

‘Cidade Imaxinaria’ trae este sábado ao Gaiás a preto dun cento de artistas de circo, maxia e teatro

A entrada é libre e gratuíta

Publicado o

Xornal de Compostela

A Cidade da Cultura acollerá este sábado a ‘Cidade Imaxinaria’, un evento que incluirá espectáculos de circo con acrobacias aéreas, teatro de rúa, animación musical, xogos tradicionais, instalacións de realidade mixta, espazos sensoriais para bebés ou a elaboración dun mural colaborativo. A xornada congrega a preto dun cento de artistas de distintas partes da Península e a entrada é libre e gratuíta.

‘Cidade Imaxinaria’ conta cun programa de espectáculos que conxugan o lecer e a diversión cunha vertente pedagóxica e didáctica na que, por exemplo, quérese inculcar aos máis pequenos a importancia da reciclaxe ou do coidado do medio ambiente. As persoas asistentes poderán pintar de maneira colaborativa un mural no que se usarán pinturas fotocatalíticas, que depuran o aire. A superficie a pintar equivalerá aproximadamente para o efecto depurativo que tería a plantación de 15 árbores.

Tamén se contará con propostas como unha escola de circo para espertar novos intereses á vez que pór en valor o labor de compañías de novo circo galegas; espazos sensoriais para bebés de 0 a 3 anos con actividades de estimulación temperá ou instalacións que combinan maxia con tecnoloxía, a través da realidade mixta. En total, tres espectáculos de pista, tres itinerantes e oito zonas de xogo e actividades de compañías procedentes de distintos puntos da Península conforman esta edición de ‘Cidade Imaxinaria’.

O evento, celebrado entre 2011 e 2019 e retomando a súa actividade no 2023 tras un parón por mor da pandemia, é unha das citas clásicas da programación familiar da Cidade da Cultura que, ao longo das súas edicións previas, congregou a milleiros de asistentes. Este ano, as actividades concentraranse nunha xornada de tarde na que haberá tamén un espazo de descanso e petiscos para a merenda.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Alcalá Norte actuará en Santiago o 6 de marzo de 2027 para presentar o seu segundo disco

A banda madrileña Alcalá Norte ofrecerá un concerto en Santiago de Compostela o próximo...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...