InicioCULTURAAbren expediente pola actuación da Panorama na praza do Obradoiro nas festas...

Abren expediente pola actuación da Panorama na praza do Obradoiro nas festas da Ascensión

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta abriu dilixencias previas

Publicado o

Xornal de Compostela

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural abriu dilixencias previas sobre a actuación de orquestra Panorama no Obradoiro, o pasado 8 de maio con motivo das festas da Ascensión.

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, preguntada ao respecto, confirmou que lle chegou a comunicación do departamento dependente da Consellería de Cultura. Neste sentido, sinalou que realizarán os informes pertinentes e enviaranos con “todas as aclaracións e información” que teña o consistorio. A rexedora compostelá subliñou que o uso da praza, “loxicamente, implica que poida haber movemento das pedras. Iso é algo que vén sucedendo nos últimos anos”.

Sanmartín remarcou que a praza acolle todo tipo de actos como, enumerou, tomas de posesión de presidentes da Xunta, ás veces directos de diferentes medios polas xornadas electorais, carreiras organizadas por colectivos cidadáns e, entre outras, afluencia nalgún momento dalgúns coches para servizos determinados.

O goberno municipal “ten claro” que hai que actuar con “toda a prudencia do mundo” e que ante cada caso estudan diferentes cuestións, como poden ser as relacionadas coa tonelaxe, o son e os decibeis, así como do uso da praza. “Entendemos que iso ten que se compatible con dereito ao goce da praza por parte do conxunto da poboación”, esgrimiu.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Alcalá Norte actuará en Santiago o 6 de marzo de 2027 para presentar o seu segundo disco

A banda madrileña Alcalá Norte ofrecerá un concerto en Santiago de Compostela o próximo...

O Concurso Fran Pérez Narf celebrará a súa final en Santiago co regreso aos escenarios dos Quinindiolas

O Salón Teatro de Santiago de Compostela será o escenario este sábado, 24 de...

Troyanos de Compostela abrirá ao público o seu ensaio do luns no centro sociocultural do Romaño

A agrupación Troyanos de Compostela ofrecerá o próximo luns, 19 de outubro, un ensaio...