InicioCULTURADe Vacas, Carlos Ares e Abraham Boba DJ actúan este venres no...

De Vacas, Carlos Ares e Abraham Boba DJ actúan este venres no Festival Acento en Santiago

Que conmemora o Día Internacional da Música

Publicado o

Xornal de Compostela

A Fundación SGAE presentou este martes a quinta edición do Festival Acento, que se celebrará este venres na terraza da sede da fundación no Parque de Vistalegre da capital galega e no que actuarán Carolina Rubirosa, Gargantúa, De Vacas, Carlos Ares e Abraham Boba cunha sesión de DJ.

O evento, que conmemora o Día Internacional da Música, comezará ás 19.00 horas cos concertos de Carolina Rubirosa e Gargantúa — dúas voces do laboratorio de Creación Musical de Fundación SGAE Galicia–.

Ás 20.15 horas será a quenda de De Vacas e ás 21.45 horas subirase ao escenario Carlos Ares. Para pechar o festival, o vocalista de León Benavente, Abraham Bobo, ofrecerá unha sesión como DJ desde as 23.15 horas.

O presidente do consello territorial da SGAE, Teo Cardalda, lembrou aos artistas “máis emerxentes” que pasaron ata o momento por este festival, que serviu “como escaparate”, e que dan paso nesta edición a “xente máis consagrada”.

Pola súa banda, Paula Romeu e Guillerme Fernández, do grupo De Vacas, avanzaron que haberá sorpresas no concerto deste venres e animaron a todo o mundo a celebrar “a boa música, o día da música, o comezo do verán e a chegada do bo tempo”.

Así mesmo, o director da Axencia Galega de Industriais Culturais, Jacobo Sutil, destacou o “magnífico cartel” desta edición e aproveitou para, “sen entrar en triunfalismos”, valorar “o bo momento” da música galega. Neste contexto, sinalou que o programa do Festival Acento serve tamén “para que máis xente coñeza a música” que realizan os artistas galegos, “que cantan en galego, beben do tradicional e innovan”.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Ghaleb Jaber pronunciará o pregón das festas do Apóstolo

Ghaleb Jaber Ibrahim será o encargado de pronunciar o pregón das festas do Apóstolo,...

Bala leva o seu rock ao ciclo Atardecer no Gaiás este xoves

O ciclo Atardecer no Gaiás encara os seus últimos concertos do mes de xullo coa...